Chegou a gran final, o partido máis agardado

24 de Xullo de 2020
  • Yago Iglesias confía no traballo realizado durante todo o ano para acadar o gran obxectivo

Santiago de Compostela, a 24 de Xullo de 2020.

Chegou a gran final, o momento decisivo do playoff exprés, o partido máis agardado por todos os compostelanistas, noventa minutos para decidir un ascenso á Segunda División B. A SD Compostela xogará mañá, ás 19.30 horas, no Estadio Municipal Abanca Balaídos contra o Ourense CF, buscando acadar o gran obxectivo, un encontro ao que chega máis preparado que nunca.

“Somos un equipo moito máis asentado, con moitísimos máis recursos técnico-tácticos e moito máis feito. Ademais, como aspecto positivo, o equipo foi madurando en todos os sentidos pero, ao mesmo tempo, non perdeu esa frescura de ilusión, de humildade e de traballo que creo que é a base do éxito”, explicou Yago Iglesias na rolda de prensa previa.

Con esa mentalidade e con esas gañas, o técnico branquiazul confía en que se logre o paso que falta. “Agardamos que todas esas virtudes se vexan reflexadas no campo e nese ascenso ansiado por todo o mundo, sobre todo polos xogadores e polo club, que xa vai sendo hora de que o merezan, e tamén pola nosa afección, que non hai día que os xogadores non falen ou sintan que queren darlle esa alegría”, sinalou.

Para esa gran cita, o Compos chega con todos os xogadores dispoñibles, a excepción de Antón e Christian. Esa facultade permitiulle ao corpo técnico preparar o duelo como desexaban. “Temos claro o plan de partido, porque foi igual durante todo o ano, sempre queremos gañar. Estamos convencidos da liña que queremos que o equipo demostre mañá, así como o feito de xogar cos tempos do partido, mesmo guión e mesma liña que a semana pasada, pero cun rival totalmente distinto”, remarcou o adestrador ante os medios de comunicación.

Precisamente, do Ourense CF, Yago Iglesias destaca a igualdade que viviron ambos conxuntos durante todo o ano. “Os números son moi semellantes, dous equipos que levabamos unha dinámica moi positiva e parella. A partido único, ademais, todo se iguala moito, polo que a final do playoff, ata certo punto, é xusta”, comentou.

O corpo técnico compostelanista agarda un rival moi duro e moi recoñecible, polo que terán que contrarrestar moi ben as súas fortalezas. “É un equipo moi físico, con xogadores de moita talla e envergadura, xente moi rápida arriba, e sobre todo, moi sólido defensivamente con esa liña de cinco. Ademais, transita moi ben aos espazos. Por iso, haberá que xogar tamén cos plans do Ourense, buscando que o cómputo xeral xogue ao noso favor”, analizou.

Con todo isto en mente, a última arenga do corpo técnico serviu para reforzar o estado anímico dos nosos. “Como sempre, transmitímoslle que o traballo estaba feito, que mañá hai que seguir as pautas que temos claras do plan de partido, ter confianza e fe cega en que todo o traballo que levamos feito e o bo facer vaise xuntar e axudarnos. E tamén desfrutar da situación, que non é sinxelo xogar estes partidos. Mentalizarse, descansar e mañá seguro que veremos un Compostela bravo, comprometido e con moitas gañas de levar o partido”, destacou Yago.

Así, todos están mentalizados e preparados para o que teñen por diante. Cada un seguirá as súas rutinas de partido para que a sortea veña de cara e que ás 21.30 horas, aproximadamente, se teña acadado o gran obxectivo. A cidade estará en vilo e apoiando aos nosos para que o Día de Galicia e de Santiago se remate por todo o alto.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Dende o club queremos agradecer o apoio que tiñamos hoxe en Cambados, cun gran número de afeccionados presentes no campo, e lamentamos profundamentamente que non se puidese xogar o encontro Grazas por estar sempre aí! 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
❌️ Adiado o partido en Burgáns polo estado do terreo de xogo debido ás inclemencias meteorolóxicas📸 Nacho Castaño #cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️📋 ONCE 🆚 Club Juventud Cambados 🩵🤍 Os nosos para o partido desta tarde#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 A recuperar a boa senda na Liga!🆚 Club Juventud Cambados 🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns🎫 12€#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA 🆚 Club Juventud Cambados 🩵🤍 Os nosos para o partido de mañá en Burgáns ás 17:00 horas#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.