Presentado o I Campus Compostec, organizado pola Fundación SD Compostela

31 de Xullo de 2020
Cartel I Campus Compostec 1
Cartel do I Campus Compostec
  • Levarase a cabo do 17 ao 28 de agosto, en dúas semanas, no Campo de Santa Isabel

Santiago de Compostela a 31 de Xullo de 2020.

A Fundación SD Compostela organiza para despedir o mes de agosto o I Campus Compostec, que terá lugar do 17 ao 28 de agosto (de 9.00 a 14.00 horas), en dúas semanas, no Campo Municipal de Santa Isabel. Desde xa e ata o 14 de agosto, os interesados poden inscribirse, ata límite de prazas, descargando o díptico colgado na web da SD Compostela, completando os datos dos menores e realizando a transferencia ao número de conta ES31 2080 0300 87 3045582273.

Pensado para nenos e nenas de 6 a 15 anos, ten un prezo xeral de 160€ e reducido de 120€ por semana. Entre os que contarán con desconto están os canteiráns do club, dos equipos conveniados (Vitoria FC, UD Bastavales, Milladoiro SD, Praíña SPC e SD Escravitude), abonados ou fillos de abonados e membros da Escola de Tecnificación Compostec.

Durante as dúas semanas, os pequenos traballarán na mellora técnica e táctica, seguindo as pautas de adestradores que contan co Nivel 2, Nivel 3 e graduados en INEF para preparar as tarefas, incluído un adestrador de porteiros con experiencia en Terceira División.

“A nosa intención é seguir dándolle visibilidade á Escola de Tecnificación, queremos seguir acumulando experiencias, mostrar o traballo que vimos realizando e nesa liña organizamos este primeiro campus. Orientarémonos cara á mellora individual técnica e táctica, pero incidindo nos aspectos e capacidades individuais”, explicou Iván Carril, director da Compostec na rolda de prensa telemática de presentación.

Con estes obxectivos, traballarase en grupos reducidos, de máximo dez xogadores, “unha modalidade que se adapta á perfección para traballar dunha forma máis homoxénea. “Queremos que veñan con ganas de vivir a experiencia, de mellorar, de desenvolverse e tamén de pasalo ben porque haberá tempo para todo, de traballo, pero tamén lúdico”, engadiu Iván, comentando que haberá algunha visita, como a dun ex-xogador de Primeira División.

Pola súa banda, Víctor Pazos fixo mención ao tema sanitario e de hixiene, mandando unha mensaxe de tranquilidade aos proxenitores, posto que o V Campus de Verán da SD Compostela, que se pechou hoxe mesmo, foi todo un éxito. “Foron dúas semanas moi exitosas, con 70 nenos, polo que podemos tranquilizar aos pais polo tema de protocolos, porque transcorreu todo con normalidade e as medidas funcionaron á perfección. Do mesmo xeito, en caso de calquera problema, temos un protocolo asinado por profesionais para levar a cabo uns pasos estipulados”, remarcou o coordinador da base branquiazul.

Entre as medidas, destacou o distanciamento social desde que entran nas instalacións ou a desinfección de todo o material a utilizar.

Por último, Javier Puñal, director de márketing da SD Compostela, agradeceu a colaboración dos patrocinadores desta nova actividade coa que se pretende potenciar o deporte en Santiago e tamén a Escola de Tecnificación Compostec, unha iniciativa do club que cumprirá este curso o seu terceiro ano. En especial, fixo mención a Segundo Rey SL, patrocinador oficial do Campus, pero tamén aos colaboradores: Kia Compostela Concesionario, Gadis, Sousas, Witland, Halé Shop, Lambonadas, Gráficas Alonso e Deputación da Coruña.

DÍPTICO DO I CAMPUS COMPOSTEC

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
♠️♣️ Este domingo, con motivo do derbi, fixémoslle entrega ao Pontevedra Club de Fútbol SAD dunha peza de acibeche en bruto🤝 Un recordo que se enmarca dentro do noso proxecto de posta en valor dos oficios tradicionais composteláns, o cal levamos a cabo en colaboración con Ourives de Compostela, Pazo de Raxoi, Deputación da Coruña e Turismo de Galicia #compospontevedra ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🚨🚨🚨 VOLVEMOS A RIAZOR!⚽️ O derbi contra a Real Club Deportivo de La Coruña Fabril deste sábado ás 20.00 horas será no Estadio Municipal de RiazorTeremos á venta as entradas para a zona visitante (Tribuna Inferior) na Oficina mañá e pasado (de 9.00 a 15.00)👉Prezo: 10€ +ℹ️🎟️ As entradas tamén se poderán mercar no despacho de billetes de Riazor o propio sábado e ao mesmo prezo👉 Porén, serán para outras zonas da bancada#fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ Un novo derbi para buscar a primeira vitoria da tempada!X3 🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril 🏟️ Abegondo🗓️ Sábado 14/09🕖 20.00 horas💪 Todos a Abegondo!#fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Os nosos comezan esta tarde a semana de traballo para o seguinte derbi⚽️ Catro sesións para preparar a visita a Abegondo para medirse ao Real Club Deportivo de La Coruña Fabril #fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Bos días 🌅Manu Rivas 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.