Samu estrearase en Segunda B co Compos

2 de Agosto de 2020
Continuidad Samu 1
  • O segundo capitán cumprirá a súa quinta tempada no club, tras renovar automaticamente o seu contrato por partidos xogados

Santiago de Compostela, a 2 de Agosto de 2020.

Despois de catro tempadas sendo o mariscal do centro do campo da SD Compostela en Terceira División, Samu Rodríguez Noya estrearase en Segunda B coa casaca branquiazul. O segundo capitán compostelanista renovou o seu contrato automaticamente por un ano polo número de partidos xogados, unha extensión que o club tentará ampliar cando o equipo volva aos adestramentos.

Deste xeito, Samu seguirá no proxecto do Compos, ao que chegou nos seus inicios fai catro veráns. Desde aquela, e da man de Yago Iglesias, quen o trouxo do Noia CF, asentouse no centro do campo da SD Compostela, sendo o pulmón do equipo. Agora, froito do seu gran traballo, terá a oportunidade de demostrar a súa calidade e visión de xogo no terceiro chanzo do fútbol nacional, na que será a súa quinta campaña na capital galega.

Á Segunda B, Samu chega con 25 anos e con 109 encontros ás súas costas coa SD Compostela, unha experiencia na que viviu varios éxitos e récords da entidade: un ascenso, dúas ligas, tres playoffs consecutivos, unha Copa Deputación e unha Fase Autonómica da Copa RFEF.

Ademais, neste tempo tamén logrou 8 goles, demostrando unha gran capacidade de disparo desde fóra da área, a cal se puido comprobar este ano nos partidos contra o Racing Club Vilalbés e contra o Bergantiños CF, nos que abriu a lata co seu canón. Do mesmo xeito, o mediocentro de Bembibre xoga un papel principal dentro do vestiario, no que é un dos líderes, e na relación coa afección.

Coa súa continuidade, o proxecto do Compos para a Segunda División B xa conta con catro pezas aseguradas. O porteiro Borja Rey, o central Álvaro Casas e os valdubreses Samu e Brais Abelenda.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.