Primo, un guerreiro para Segunda B

17 de Agosto de 2020
Renovación Primo 1
  • O dianteiro cántabro cumpre o seu compromiso de devolver ao equipo ao fútbol semiprofesional e renova por un ano

Santiago de Compostela, a 17 de Agosto de 2020.

A SD Compostela 20/21, no seu periplo na Segunda División B, contará cun guerreiro para a punta do ataque. Óscar Conde ‘Primo’ encabezará a armada branquiazul na división de bronce do fútbol nacional logo de lograr o ansiado ascenso, motivo polo cal volveu hai un ano a Santiago. O cántabro regresa a unha categoría que coñece e faino despois de renovar o seu contrato por unha tempada.

Despois de rozalo na súa primeira campaña na capital galega, na que o equipo tamén acabou campión de Liga, Primo por fin puido celebrar o salto de categoría coa SD Compostela. O dianteiro de San Pantaleón de Aras tiña unha espiña cravada co club e por fin puido sacala. Agora, unha vez alcanzado o obxectivo, seguirá loitando sobre o terreo de xogo para levar ao equipo o máis arriba posible, achegando o seu enorme traballo e os seus goles.

Ademais, Primo tamén achegará experiencia ao conxunto branquiazul, xa que ás súas sete tempadas en Terceira División, engádelle dúas máis no fútbol semiprofesional. En total, suma 58 partidos en Segunda División B, divididos entre a súa etapa no CD Tropezón, no que marcou catro goles, e na Gimnástica de Torrelavega, no que marcou seis.

Moi querido pola afección compostelanista, Primo agarda seguir celebrando moitos goles coa casaca branquiazul. De momento, leva 52 encontros no Compos e 34 tantos. No seu debut, entre liga e playoff, sumou 23 goles en trinta e oito partidos xogados, pero non alcanzou a meta do ascenso. Mentres tanto, na súa segunda tentativa, si alcanzou o obxectivo, e fíxoo despois de xogar catorce encontros e anotar once dianas, a última delas nas semifinais do playoff exprés contra o CD Barco.

Coa súa renovación, Yago Iglesias conta xa con dezanove xogadores para a tempada 20/21, a que será a do regreso da SD Compostela á Segunda División B: Pato, Borja Rey, Saro Sergio Pereira, Álvaro Casas, Soto, Jimmy, Joel, Samu, Baleato, Pablo Antas, Bicho, Josiño, Hugo Sanmartín, Juampa, Miki, Gabri Palmás, Brais Abelenda e Primo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 SD Eibar B 👉 Os nosos xa están de camiño para o País Vasco🆕 Estrea convocatoria Rafa de Vicente#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🏅 Moitos parabéns, Alejandra Neira, polo campionato do mundo junior de ciclismo!🌈 Orgullo de Compostela 👏 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 4🩵🤍 O adestrador do Compos analizou as virtudes do rival, apuntou as claves para poder sumar a vitoria en Eibar e tamén fixo unha reflexión sobre o aspecto mental dos futbolistas#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜🎯 #eibarbcompos🗓️ 2 días🙌🧐 Co foco posto nunha nova vitoria📷 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.