Borja Rey: “Se che chama o Compos e sendo de Santiago é imposible dicir que non”

4 de Setembro de 2020
Borja Rey SD Compostela 2 1
Miguel Calviño, xerente do Restaurante San Jaime, con Borja Rey.
  • O novo porteiro branquiazul foi presentado esta mañá no Restaurante San Jaime

Santiago de Compostela, a 4 de Setembro de 2020.

Asinado pola SD Compostela antes mesmo de finalizar a pasada campaña, Borja Rey foi presentado esta mañá no Restaurante San Jaime como novo xogador branquiazul. O porteiro santiagués mostrouse moi ilusionado pola oportunidade de xogar no club da súa cidade e asegurou que achegará moito traballo para competir con Pato Guillén.

“Se che chama o Compos, coa súa infraestrutura e historia, e sendo de Santiago, é imposible dicir que non. É o equipo da miña cidade e tiña moitas ganas de vir”, declarou ante os medios de comunicación.

Ademais, a súa fichaxe veu con premio dobre, posto que a entidade subiu a Segunda División B. “É algo moi ilusionante. É unha oportunidade enorme e vexo ao equipo moi preparado para facer cousas grandes”, sinalou.

Por iso, espero mellorar moito, especialmente, fixándose no seu compañeiro e rival polo posto, Pato Guillén. “Teño un gran compañeiro, do que espero aprender moito para devolver a confianza que puxeron en min”, afirmou.

Neste sentido, traballará como o que máis para conseguir oportunidades. “O rol é o que é e se un está ben creo que vou merecer algunha oportunidade. Traballarei moito para que, se chega o momento, o corpo técnico non dubide se teño que entrar”, explicou.

Pola súa banda, a nivel grupal, ve a todos os compañeiros moi enchufados para chegar a lume de biqueira ao día un. “Sorprendeume para ben a actitude dos compañeiros. Hai moi bo rollo, o cal é moi bo, e fisicamente e en canto a fútbol noto a todos moi ben, incluído a min”, confesou.

Con humildade, tamén asegura que haberá que loitar cada partido para poder manter a categoría. “Chegouse a Segunda B con moito traballo e agora hai que poder gañar un partido para despois pensar noutras cousas”, alentou. Despois, agarda con entusiasmo poder ter a oportunidade de defender o arco na Copa do Rey, se o corpo técnico así o decide. “É algo moi bonito e que nos gusta a todos”, remarcou.

Por último, en canto á modificación dos adestramentos, comentou que haberá que adaptarse polo ben sanitario. “Trastorna o plan do corpo técnico que fai moito traballo preparando cada sesión, pero polo menos o bloque mantense. Os que vimos novos gustaríanos traballar máis xuntos, pero mellor ir lentos e sen risco”, concluíu.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.