Guille Torres completa a defensa da SD Compostela

21 de Setembro de 2020
Fichaje Guille Torres 01 1
  • O central zurdo asina por unha campaña, despois de debutar en Segunda B co Don Benito

Santiago de Compostela, a 21 de Setembro de 2020.

Guillermo Torres Gómez (Barcelona, 27/09/99) é novo xogador da SD Compostela para a tempada 2020/21. O mozo central zurdo asina por unha tempada procedente do CD Don Benito, equipo co que debutou na Segunda División B. Coa súa contratación, o club completa a liña defensiva para este curso ilusionante.

Guille Torres, o seu nome futbolístico, é un xogador que ademais de pola súa mocidade, destaca tamén pola súa polivalencia, debido a que pode actuar tanto no eixo da zaga, como no lateral esquerdo. Ademais desta calidade, moi valorada polo corpo técnico branquiazul, trátase dun defensa moi completo e cunha gran capacidade para a saída de balón.

O novo futbolista compostelanista chega á capital galega despois de disputar a última tempada nas filas do CD Don Benito, conxunto co que debutou na división de bronce do fútbol nacional. No equipo estremeño, aos seus 20 anos, Guille disputou un total de sete encontros, catro deles partindo de inicio.

Anteriormente, no seu primeiro ano sénior, o central zurdo destacou no Cerdanyola FC, da Terceira División catalá, cos que xogou, na segunda metade do campionato, catorce encontros, dez deles como titular.

Nas categorías inferiores, Guille Torres comezou a despuntar no Damn, histórico conxunto catalán de fútbol base. O seu gran rendemento chamou a atención do Real Madrid, por quen fichou en categoría infantil. Tras un longo periplo polos diferentes chanzos da base madridista, xogou o seu último ano de xuvenil no División de Honra do RCD Espanyol.

Coa súa incorporación, Yago Iglesias poderá contar para a tempada de regreso á Segunda División B cun plantel de vinte e un xogadores: Pato, Borja Rey, Saro, Sergio Pereira, Álvaro Casas, Soto, Matías, Guille Torres, Jimmy, Joel, Samu, Baleato, Pablo Antas, Bicho, Josiño, Juampa, Hugo Sanmartín, Miki, Gabri Palmás, Brais Abelenda e Primo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨Hugo Matos, traspasado ao C.D. Numancia de SoriaGrazas polo teu traballo e esforzo durante todos estes anos e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Goris promociona ao primeiro equipo dende o Sigüeiro FC - ED Xuventude Oroso🤝 O mediocentro da Canteira Picheleira, que xa debutara co Compos, firma por unha tempada𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/18/goris-promociona-compos-25-26/#goris2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Parapar está de volta!🤝 O extremo coruñés regresa ao Compos para ser un puñal pola banda do Vero Boquete e acadar o ascenso𝐏𝐚𝐫𝐚𝐩𝐚𝐫 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/17/parapar-maxia-fichaxe-sd-compostela/#benvidoparapar ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚Manu Barreiro non continuará na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo teu compromiso e traballo, Manu; e moita sorte para o teu futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Rodríguez, polivalencia, xuventude e talento para a liña defensiva do Compos🤝 O defensa, que pode actuar como lateral ou central, ocupa ficha sub23 e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐑𝐨𝐝𝐫𝐢𝐠𝐮𝐞𝐳 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/16/diego-rodriguez-fichaxe-compos/#benvidodiegorodríguez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.