Guille Torres completa a defensa da SD Compostela

21 de Setembro de 2020
Fichaje Guille Torres 01 1
  • O central zurdo asina por unha campaña, despois de debutar en Segunda B co Don Benito

Santiago de Compostela, a 21 de Setembro de 2020.

Guillermo Torres Gómez (Barcelona, 27/09/99) é novo xogador da SD Compostela para a tempada 2020/21. O mozo central zurdo asina por unha tempada procedente do CD Don Benito, equipo co que debutou na Segunda División B. Coa súa contratación, o club completa a liña defensiva para este curso ilusionante.

Guille Torres, o seu nome futbolístico, é un xogador que ademais de pola súa mocidade, destaca tamén pola súa polivalencia, debido a que pode actuar tanto no eixo da zaga, como no lateral esquerdo. Ademais desta calidade, moi valorada polo corpo técnico branquiazul, trátase dun defensa moi completo e cunha gran capacidade para a saída de balón.

O novo futbolista compostelanista chega á capital galega despois de disputar a última tempada nas filas do CD Don Benito, conxunto co que debutou na división de bronce do fútbol nacional. No equipo estremeño, aos seus 20 anos, Guille disputou un total de sete encontros, catro deles partindo de inicio.

Anteriormente, no seu primeiro ano sénior, o central zurdo destacou no Cerdanyola FC, da Terceira División catalá, cos que xogou, na segunda metade do campionato, catorce encontros, dez deles como titular.

Nas categorías inferiores, Guille Torres comezou a despuntar no Damn, histórico conxunto catalán de fútbol base. O seu gran rendemento chamou a atención do Real Madrid, por quen fichou en categoría infantil. Tras un longo periplo polos diferentes chanzos da base madridista, xogou o seu último ano de xuvenil no División de Honra do RCD Espanyol.

Coa súa incorporación, Yago Iglesias poderá contar para a tempada de regreso á Segunda División B cun plantel de vinte e un xogadores: Pato, Borja Rey, Saro, Sergio Pereira, Álvaro Casas, Soto, Matías, Guille Torres, Jimmy, Joel, Samu, Baleato, Pablo Antas, Bicho, Josiño, Juampa, Hugo Sanmartín, Miki, Gabri Palmás, Brais Abelenda e Primo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
⏰ HORARIO confirmado para a próxima saída na Liga 🩵🤍x21 🆚 Unión Popular de Langreo 🏟️ Estadio Novo Ganzábal🗓️ Domingo, 2 de febreiro🕔 17.00 horas📺 Football Club#LangreoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 𝐅𝐈𝐂𝐇𝐀𝐗𝐄💪 Markitos, novo xogador da SD Compostela!⚽️ O mediapunta chega cedido polo Club Deportivo Arenteiro ata final de tempada ✍️ sdcompostela.com/2025/01/21/markitos-fichaje-invernal-compos/#benvidomarkitos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 Toca gañar! Toca volver á senda da vitoria na nosa casa 💪🩵🤍x20 🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 26/01🕛 12.00 horas🤝 Patrocinado por Alcampo 📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composfabril ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo para preparar o derbi deste domingo ante a Real Club Deportivo de La Coruña Fabril⚽️ Traballo duro para volver a senda das vitorias e comezar a sumar de 3⃣ nesta segunda volta#composfabril ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ Antón Permuy🗣️ Declaracións do adestrador branquiazul tralo derbi en Pasarón #pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.