Guille Torres: “O proxecto que me transmitiu Manu chamoume a atención dende o primeiro contacto”

1 de Outubro de 2020
Presentación Guille Torres 1 1
Guille Torres (centro) acompañado de Manuel Castiñeiras e Lalo Crespo, director do Hotel Oca Puerta del Camino.
  • O novo central branquiazul foi presentado este mediodía no Hotel Oca Puerta del Camino, patrocinador do club un ano máis

Santiago de Compostela, a 25 de Setembro de 2020.

Guille Torres Gómez xa posa coa camiseta branquiazul. O novo central da SD Compostela foi presentado este mediodía no Hotel Oca Puerta del Camino, patrocinador do club un ano máis e que acolleu ao xogador nos seus primeiros días na capital galega. Acompañado por Lalo Crespo, director do hotel, e Manu Castiñeiras, director deportivo branquiazul, Guille mostrouse moi ilusionado por esta oportunidade e con moitas ganas de coñecer aos seus novos compañeiros.

“Cando falei con Manu Castiñeiras, o proxecto que me transmitiu chamoume a atención desde o primeiro contacto. Ademais, chámame o club, porque o Compos todos sabemos que é un histórico, e nestes primeiros días na cidade a verdade é que todo son palabras boas”, comentou o central ante os medios de comunicación.

Nas súas primeiras verbas como xogador branquiazul remarcou que, a pesar da súa polivalencia, decántase pola posición no centro da zaga, aínda que está disposto a achega onde sexa. “Considérome un xogador polivalente, pero onde máis cómodo atópome é de central zurdo. Aínda así, o ano pasado xa xoguei algún partido de lateral e mesmo de pivote defensivo”, explicou.

Ademais da súa capacidade para adaptarse a varias posicións, comentou que vén “para achegar xa sexa con minutos, coa súa frescura e a sumar sexa desde onde sexa, e se é coa confianza do míster, moito mellor”.

A pesar de que estivo sen equipo ata a data, Guille asegurou que chega ben de forma, debido a que non parou nestes meses. “Este verán non parei, estiven activo adestrando pola miña conta, polo que veño con ganas de sumar e de chegar a tope á primeira semana de liga”, adiantou.

De cara ao campionato, nun subgrupo que considerou como moi complicado, ve ao equipo preparado para competir contra todos, xa que seguiu á SD Compostela desde que coincidiu con ela fai tres tempadas. “Cando estaba na canteira do Espanyol, empezoume a soar o Compos cando coincidiron na eliminatoria de ascenso a Segunda División B. Desde aquela collín referencias e deime conta da grandeza deste club, o cal foi tamén un plus para vir a aquí”, concluíu.

Despois de varios días na cidade, nos que aproveitou para aclimatarse e facer algo de turismo, Guille Torres coñecerá esta tarde aos seus novos compañeiros, na que será a súa primeira sesión de adestramento ás ordes de Yago Iglesias.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, de novo todos xuntos, a pola vitoria🤝 Patrocinado por Limpiezas Salgado ⚽️ 𝐗𝟑𝟏🆚 Atl. Coruña Montañeros 🕕 18:00🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🫂 Unha invitación para cada abonado (só online)#composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso canteirán, Goris 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬!! Felices de terte de novo sobre o verde e a por moitos éxitos, xuntos!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Seguimos! Volta ao traballo para preparar un novo partido moi importante👉 Desde xa, a polo seguinte obxectivo!#composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos recupera o liderado tras un gran triunfo na Lomba, 0⃣-2⃣, cun Antón Guisande, que firmou un dobrete, estelar🫂 Desprazamento masivo de afeccionados do Compos que non pararon de animar👉 sdcompostela.com/gl/2026/04/12/compos-recupera-liderado-guisande/📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ Valoración do noso adestrador trala gran vitoria na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.