O Compos ultima a redacción do seu protocolo de seguridade para poder abrir as portas do Vero Boquete

6 de Outubro de 2020
  • A empresa contratada polo club traballa contrarreloxo para presentar a solicitude nos próximos días
  • Os continuos cambios na normativa retardan a súa redacción

Santiago de Compostela, a 6 de Outubro de 2020.

A SD Compostela ultima a redacción do protocolo de seguridade que posibilitaría a presenza de público nos seus partidos como local, que disputará no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. A empresa encargada da redacción do mesmo xa fixo chegar un borrador e, a falta dos últimos retoques, espera telo listo esta mesma semana.

O club confía en que as autoridades dean o visto e prace ao devandito protocolo e permitan o acceso dos afeccionados ao Vero Boquete. O mesmo segue ao pé da letra toda a normativa e fai primar a seguridade por encima de calquera outro interese. Estímase que o aforo podería oscilar entre 1900 e 2500 espectadores, atendendo ao número de convivintes que accedan ao estadio.

Por iso, desde o Compos tense claro que serán os abonados os que teñan prioridade en todos os partidos que se poidan disputar con público, e só se poñerán localidades á venda se o aforo supera o número de abonados. Por outra banda, tampouco se descarta desde o club que nalgún partido sexa necesario desviar abonados dunha bancada a outra, á espera de coñecer o aforo.

O que se se coñecen son xa os primeiros detalles do protocolo, que serán de obrigado cumprimento, salvo que se produzan novos cambios na normativa, os cales están a retardar a redacción. Todos os asistentes aos partidos da SD Compostela pasarán un control de temperatura na porta de acceso ao Estadio, deberán usar xel hidroalcohólico antes de acceder á bancada, deberán presentar o seu DNI para acceder e deberán presentar unha declaración responsable de non ter síntomas nin estar en contacto nos últimos quince días con persoas con covid-19 (a declaración inclúe os seus datos persoais e teléfono). O modelo de declaración responsable poderase obter nas oficinas do club ou na web, e a súa presentación será sempre obrigatoria.

Por último, desde o club valorarase, cando se coñeza a redacción definitiva do protocolo, suspender de forma definitiva a campaña de abonados para evitar problemas co aforo das diferentes bancadas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
𝐑𝐝𝐏 Previa 🆚 Pontevedra Club de Fútbol SAD 🎥 Antón Permuy | Manu Rivas🗣️ O adestrador e o xogador analizaron o derbi deste domingo en Pasarón ⚽️ Destacaron as claves do partido, así como a importancia de conseguir a vitoria contra o líder#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎟️ ENTRADAS PASARÓN 🏠 RECORDA! Mañá, último día para retirar as entradas na Oficina do Compos (ata as 15.00 horas)🎫 Adulto 12€ / Xuvenil (7-17 anos) 10€ / Ata 6 anos Gratis📲 Tamén se poden adquirir Online 👉 pontevedracf.com/es/news/venta-de-entradas-online🏟️ E o domingo, no Despacho de Billetes de Pasarón#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⏰ HORARIO confirmado para o próximo partido na nosa casa 🩵🤍x20 🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril 🏟️ Estadio Vero Boquete🗓️ Domingo, 26 de xaneiro🕛12.00 horas🤝 Alcampo #composfabril ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🏆 Javier Rabanillo foi elixido como o noso #JugadorCincoEstrellas da 1ª Volta 🩵🤍🧤 O noso porteiro, fundamental coas súas paradas na primeira parte da Liga, foi elixido pola afección cos seus votos en TwitterEste premio outorgámolo da man de Fútbol Mahou 🍻👏 Parabéns, Raba! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🤝 Onte acompañáronnos Xosé Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia; e Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade, patrocinador do partido 🩵🤍♣️♠️ Ademais, Xosé Merelles fixo entrega do agasallo de Ourives de Compostela ao C.D. Numancia de Soria📸 Nacho Castaño#composnumancia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.