Un gran derbi na estrea no fortín

24 de Outubro de 2020
  • Yago Iglesias ve ao equipo preparado para loitar contra o Deportivo este domingo

Santiago de Compostela, a 23 de Outubro de 2020.

A estrea no Vero Boquete de San Lázaro para a SD Compostela virá marcado pola disputa do gran derbi, un encontro doutra época que, pola situación sanitaria actual, terase que vivir a porta pechada. Con todo, e co apoio que están a recibir dos seus a través das redes sociais, Yago Iglesias agarda que o Compos saque a súa mellor versión e poida estrear o marcador de puntos no debut no fortín.

Baixas. Temos dúas baixas confirmadas, as de Samu e Bicho. Bicho viaxou a Salamanca, pero xa sabiamos que non podiamos contar con el, iamos ver como se atopaba na semana, probou para ver as súas sensacións, pero non vai chegar. E Samu acabou cunha escordadura o partido pasado, non parecía gran cousa, pero foi máis do agardado, estando toda a semana fora do grupo. O resto chega ao 100%.

O rival. É un equipo que ten moitas variantes e que pode xogar de distintas maneiras. Ademais da profundidade do plantel, Fernando Vázquez é un referente para todos os que nos dedicamos a isto, con moita bagaxe, equipo moi traballado, que manexa moitos debuxos e moitas situacións dentro dun mesmo partido. Esperámonos un Dépor como o que é, un referente da categoría, cun nivel altísimo e moi difícil de meterlle man, pero tentarémolo coas nosas armas.

Fernando Vázquez. É un referente. Falar de calquera equipo galego de nivel é facelo de Fernando Vázquez e mesmo de importantes equipos a nivel nacional. Ademais, no meu caso, é un exemplo porque chegou á elite sen ser antes xogador.

Xogar contra o Deportivo na xornada 2. Un nunca sabe cando é mellor xogar contra este tipo de rivais. Vense falando deste partido mesmo antes de comezar a liga e sempre dixen que o meu pensamento era unha dualidade. A nivel deportivo, si que pode ser que recibilos na xornada 2 sexa mellor, porque como ben dixo o seu adestrador, aínda están en proceso de axuste. Pero polo outra banda, desde fai cinco anos que estamos aquí, todos os que conformamos o club pensamos na globalidade e dentro dela, o máis beneficioso, na situación na que estamos, era telo máis adiante, pensando no beneficio do propio club e dos afeccionados. A mellor noticia sería volver ao Vero Boquete coa afección.

Impresións previas. Vendo o partido da semana pasada, fixemos 31 minutos moi bos. Sen chegar a ser o Compostela da súa mellor versión, a nosa idea creo que se implantou no campo do Reina Sofía, pero co gol o equipo deuse conta da realidade desta categoría. Imos ter que apertar o acelerador porque nos vai a esixir moito máis.

Idea de xogo. A nosa filosofía e idea son claras e todo o mundo sente esta idea. Queremos que o equipo teña maiores rexistros, maior capacidade para enfrontarse aos distintos escenarios que se dan ao longo da tempada, e teremos que chegar a un punto intermedio entre o que nós queremos e o que nos deixe facer o rival.

A semana previa. Foi unha semana moi na liña do ano pasado. Centrámonos en traballar todos os aspectos que cremos que son necesarios para ir mellorando e chegar á nosa mellor versión. E desexando que chegue o domingo, para unha vez máis, ver ao meu equipo no campo, e co paso das xornadas, porque sabemos que nos levará tempo, ver o verdadeiro nivel deste Compostela.

Empezar a sumar. Imos pelexar coas nosas armas e imos tentar explotalas. A partir de aí, nun partido poden pasar moitas cousas. A priori, o Deportivo é o claro favorito, non o imos a negar, pero a nosa idea é facer un bo partido e empezar a sumar, e que mellor que facelo na casa.

Motivación. Estamos na mesma categoría que eles. Creo que para calquera é un premio xogar este tipo de encontros. Creo que son o tipo de partidos no que os xogadores teñen que xogar sen ningún tipo de presión, e gozar. 

Youtube

Instagram Compos

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Centro de Deportes Barco ⚽️ Previa do noso técnico antes do encontro deste domingo, ás 17:00 horas en Calabagueiros, primeiro da segunda volta#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Goris amplía o seu contrato ata 2027!🤝 O mediocentro terá ficha de primeiro equipo e portará o dorsal '1⃣6⃣'𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2026/01/22/goris-amplia-contrato-compos-2027/#goris2027 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
2️⃣5️⃣0️⃣ partidos e sumandoO noso capitán, Samu Rodríguez, xa superou os 250 partidos disputados coa camiseta branquiazul, repartidos nas últimas 10 tempadasEste pasado domingo quixemos homenaxealo cunha camiseta conmemorativa, entregada polo seu paiParabéns, Samu! Por moitos máis! 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Queremos seguir coa boa dinámica!⚽️ 𝐗𝟏𝟖🆚 Centro de Deportes Barco 🗓️ Domingo, 25 de xaneiro🕔 17:00 horas🏟️ Calabagueiros🎫 12€Este domingo, iniciamos a 2ª volta, no Barco de Valdeorras! 🙌#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comezo da semana con dúas xornadas de descanso🏟️ Os nosos volverán ao traballo o mércores para preparar o inicio da 2ª volta coa visita ao Barco#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.