Desexando sumar de tres no fortín

6 de Novembro de 2020
  • Yago Iglesias destaca as boas sensacións do equipo nestas últimas semanas

Santiago de Compostela, a 6 de Novembro de 2020.

A SD Compostela buscará este sábado sumar a primeira vitoria da tempada. De novo no fortín e tralos dous empates logrados, nos que os nosos mostraron unha gran imaxe, o equipo branquiazul tentará comezar a sumar de tres, aínda que para iso terá que superar a todo un histórico da categoría, o CD Guijuelo. Con todo, Yago Iglesias confía nas sensacións dos seus para que por fin chegue o ansiado triunfo.

Baixas. Seguimos coa baixa confirmada de Samu, Bicho xa fixo algo co grupo ao longo da semana e esperamos que a fin de semana poida disputar minutos. E despois, como xa sabedes, temos a baixa de Primo, que tivo unha lesión no adutor, unha microrrotura que o terá apartado durante un tempo.

Primo. Cando o teu home referencia se lesiona é un amolo, porque perdes capacidade para conseguir o gol. Primo non é só o que marca, senón todo o que xera, pero creo que temos variantes, demostrámolo en anos anteriores. Así como este ano se viu a xente xogando fóra da súa posición habitual, seguro que esta fin de semana haberá variantes. Ademais, ás veces, cando tes á xente adecuada non eres capaz de marcar o gol e cando non están, os goles caen sos, a ver se é así. Basta que falte o dianteiro para que empecemos a marcar goles, eu asinábao.

O primeiro gol. Competir nesta categoría cada fin de semana é un reto ilusionante, é o que nos move día tras día a traballar. Neste caso, o reto que temos por diante é o de conseguir os primeiros tres puntos e para iso hai que marcar. Non é algo que nos obsesione, nin moito menos, sabemos que as sensacións que deixa o equipo é a mellor guía para saber se imos na boa liña, e cremos que nos dous últimos encontros viuse a un Compostela recoñecible, co sinal dos anos anteriores, o cal é moi difícil na categoría. Tarde ou cedo chegará ese acerto.

Nivel de esixencia da categoría. Desde o momento no que nos gañamos o dereito a xogar nesta competición somos equipo de Segunda B. Dende logo, o ritmo, tanto mental como físico, é acusado, notámolo e temos que adaptarnos a iso. A nivel de idea de xogo ou como competir, vexo ao Compostela perfectamente adecuado á categoría. O que nos falta é ese punch, o meter goles, pero non hai que estar preocupado para nada e seguir traballando para ser un mellor equipo.

O fortín. Nós na casa somos un equipo moi fiable, a nosa andaina na categoría, non sendo a primeira xornada, está a ser dun nivel moi bo. Cremos que aínda temos marxe de mellora e queremos conseguir os tres puntos canto antes, e que mellor que na casa.

A porta pechada. Para nós é unha pena. O non ter público amólanos, porque ao competir, sobre todo na casa, faise frío. A mellor noticia sería que o fútbol volvese ao Vero Boquete para que os seus afeccionados se reencontrasen co equipo na Segunda B, unha categoría ansiada por todos. Ademais da nivel deportivo e social para o club, sería moi importante polo que significaría a nivel social e sanitario.

O rival. Falar do Guijuelo é facelo da Segunda B. É un histórico na categoría, un club que todos os anos fai moi boas tempadas. Este ano, se os irmáns Montes conseguen deixar o seu sinal no equipo, creo que o farán moi ben. Véndoos ata o de agora e o seu plantel, paréceme un dos equipos con máis peso para acabar na parte alta da clasificación.

Potencialidades do Guijuelo. É un cómputo de varias cousas. O primeiro, é un club histórico na categoría e iso a nivel de filosofía e idea é un paso importante. Despois, fixeron un plantel moi competitivo e vertical, dende o meu punto de vista. Do mesmo xeito, a fichaxe dos irmáns Montes vailles dar un plus e, polo que vimos nestes partidos, non teñen esa filosofía tan marcada como en equipos anteriores de moito toque de balón, senón que son moito máis incisivos. E logo teñen xente moi desequilibrante de medio campo cara a adiante, ademais da experiencia e do saber competir na categoría.

A clasificación. O Guijuelo está a dous puntos e eles están quintos. Aínda queda moito por diante. Evidentemente, canto máis tempo esteamos nos postos medios-altos é un reforzo anímico e, sobre todo, un respiro. No formato exprés hai poucos partidos e pouca marxe de manobra, pero a partir de certo tramo da liga, aínda é moi pronto. Non hai que volverse tolos, o principal obxectivo é seguir mellorando semana a semana, iso é o que trato de transmitirlle ao equipo e imos na boa liña, porque non é só que o vexamos nós, senón que desde fóra o sentir é que o equipo está a dar unha imaxe moi boa na nova categoría, e agora o que nos queda é que esas sensacións se traduzan en gol e en puntos, e iso chegará.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
📹 Pablo Antas ten unha mensaxe para todos!👉 Mañá, ás 11.00, estaremos no Banquete de Conxo axudando no proxecto ECO-BOSQUE🙌 Temos que actuar xa para eliminar a planta invasora tradescantia⁉️ Contamos contigo?🎫 Agasallaranse entradas para este domingo aos que participen ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
x24 🆚 Real Racing Club (Rayo Cantabria)🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 23/02🕔 17.00 horas💡 Ojoalvatio Asesoría Energética📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/ 🎯 A facer bo na casa o empate de onte#composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️⚽️ Plan de traballo para o regreso ao Vero Boquete contra o Real Racing Club (Rayo Cantabria)#composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINAALUM Escobedo 0⃣-0⃣ COMPOS+1⃣ punto!⚽️ Bo partido dos nosos, dominando o encontro, pero sen capacidade para aproveitar as súas ocasións de perigo!🙌 Toca facer bo este empate o próximo domingo na casa!📸 Adriel Sierra#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUM Escobedo 0️⃣-0️⃣ COMPOS Primeira metade moi controlada polos nosos, sen recibir ocasións e buscando o gol ante un rival en bloque baixo#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.