O #ComposPontevedra xogarase con 150 abonados na bancada

24 de Novembro de 2020
Xornada 6 SD Compostela vs Pontevedra CF 01 1
  • Os abonados agraciados deben retirar a súa entrada nas oficinas do club, entre mañá ás 10.00 e o venres ás 20.00
  • O sorteo de entradas realizouse ante notario, polo que se achega o documento no que aparecen a relación de abonados agraciados

Santiago de Compostela, a 24 de Novembro de 2020.

O partido entre a Sociedade Deportiva Compostela e o Pontevedra Club de Fútbol, que se disputará este sábado ás 17.00 horas no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, contará coa presenza de 150 abonados, logo de recibir a autorización escrita da Dirección Xeral de Saúde Pública, así como a verbal do Concello de Santiago.

Os agraciados do sorteo de entradas, que se realizou fai quince días na notaría de Don Francisco López Moledo, son os que aparecen na relación abaixo achegada.

Pasos a seguir

As persoas cuxo número do abono coincidan cos publicados deberán recoller a entrada desde mañá mércores, ás 10.00 horas, ata o venres, ás 20.00 horas nas Oficinas do Club no Estadio Verónica Boquete (Horario: 10.00-13.00 e 16.00-20.00).

Para recoller a entrada deberá presentarse o DNI acreditativo da identidade do abonado, xa que o abono é persoal e intransferible. No mesmo momento, tamén se lle entregará a declaración responsable que deberán traer cuberta ao Estadio, e que se entregará na porta de acceso.

Todo aquel que non recolla a súa entrada antes do venres ás 20.00 horas perderá o seu dereito para acceder ao encontro.

Medidas

Unha vez se recolla a entrada nas Oficinas do Club, indicaráselle a hora á que terá que acceder ao Estadio, un horario que se deberá cumprir xa que o seu obxectivo é o de evitar calquera aglomeración e respectar todas as medidas de seguridade. Todos os afeccionados deberán entrar á bancada de Tribuna antes das 17.00, momento no que se pecharán as portas.

A entrada ao Estadio producirase pola Porta 3, mentres que a saída será pola Porta 16. No momento de acceder tomaráselle a temperatura a cada persoa e deberán desinfectarse as mans co xel hidroalcohólico que estará alí situado.

Unha vez na bancada, só se poderán sentar nos asentos que teñan un distintivo verde, para garantir a distancia de seguridade entre todos os espectadores. Do mesmo xeito, deberán manterse sentados na butaca ata a finalización do choque, só podendo levantarse do mesmo para acudir ao baño.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚️ Club Marino de Luanco#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
DÍA DE PARTIDO! DÍA DE COMPOS! 🩵🤍COMEZAMOS A LIGA NA NOSA CASA E PRECISAMOS O APOIO DE TODOS! 🏟️🆚 Club Marino de Luanco 🏟️ Vero Boquete🕛 12:00 horas🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/📸 Nacho Castaño#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎟️🩵🤍 Rifas Compos 26/27Grazas ao acordo co Mercado La Galiciana, patrocinador do club, cada partido no Vero Boquete sortearemos un vale por valor de 100€ para gastar no establecemento compostelánMañá, a primeira oportunidade! ⚽️Sorte a todos! 🙌🙌🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚️ Club Marino de Luanco 👉 Citados todos os xogadores dispoñibles para o encontro de mañá, primeira xornada de Liga, ás 12:00 horas na nosa casa#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎟️🩵🤍 Xa somos 1⃣.5⃣0⃣0⃣ abonados🙌 Mañá comezamos a Liga e necesitamos o apoio de todos! 📌 Recorda que podes abonarte online ou presencialmente (Na Tenda -luns a sábado- ou na Oficina -luns a venres-)🎫 sdcompostela.compralaentrada.com#ocamiñodonorte ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.