A Fundación SD Compostela potencia as súas actividades de verán creando os Campus Xacobeos

30 de Maio de 2022
  • Santiago, con catro semanas, Melide, Negreira e Vimianzo son os lugares xa confirmados
  • Están organizados polo Compos e os clubs colaboradores para nenos e nenas de 6 a 14 anos
  • A inscrición está dispoñible na páxina web ou picando directamente na seguinte ligazón https://bit.ly/InscricionCampusXacobeos

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2022

A SD Compostela potencia este ano as súas actividades de verán coa creación da rede de Campus Xacobeos. Organizados pola Fundación SD Compostela e os clubs colaboradores, propóñense múltiples sedes ao longo da provincia: Santiago, Melide, Negreira e Vimianzo son os lugares xa confirmados, pero falta aínda algún máis. A inscrición, dispoñible para nenos e nenas de 6 a 14 anos, está xa aberta, tanto na páxina web compostelanista como na seguinte ligazón: https://bit.ly/InscricionCampusXacobeos.

Seguindo a experiencia dos campus realizados con anterioridade, todas as propostas ofrecerán aos participantes unha oportunidade única de desfrutar do fútbol nun ambiente lúdico e enriquecedor, e facilitarán a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares. Á vez que se traballará a mellora técnica e táctica dos pequenos, en grupos reducidos por idades, primarase tamén o desenvolvemento social e afectivo, con momentos de convivencia, transmitindo os valores positivos que engloba a práctica deportiva.

Os exercicios e actividades no campo estarán impartidos polos mellores monitores profesionais, entre os que se atoparán técnicos da base do club, que farán máis amena a semana para os nenos e nenas, agrupándoos por idades e niveis.

Dentro da inscrición inclúense dous equipamentos, para empregalas durante as xornadas de actividade, así como bebida e merenda para repoñer forzas.

Os prezos por semana varían en función das distintas modalidades previstas. A tarifa xeral será de 140€; para abonados ou fillos de abonados dos clubs organizadores, 125€; para os xogadores da base do Compos e dos clubs organizadores, 90€; e para irmáns de rexistrados, 70€.

O prazo de inscribirse está xa aberto e os interesados poderán recibir máis información ou resolver calquera dúbida a través do correo electrónico academia@sdcompostela.com ou no teléfono 626 053 705 (Manu Otero).

Para completar a inscrición débese encher o formulario (https://bit.ly/InscricionCampusXacobeos) e realizar o ingreso no número de conta indicado (ES31-2080-0300-8730-4558-2273), enviando xustificante de pago e DNI do neno ou nena escaneado a academia@sdcompostela.com.

As actividades contan co apoio e patrocinio de Rede Aberta, Gadis, Galifresh, Aguas de Sousas, Xacobeo 21-22, Xunta de Galicia e Segundo Rey, entidades que fan posible a organización das mesmas. Dende o club trasladamos o noso agradecemento a todas elas.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.