Baleato e Primo non continuarán na SD Compostela

9 de Xuño de 2022
  • Ambos participaron no último ascenso á Segunda B

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2022

Roberto Baleato e Óscar Conde ‘Primo’ non continuarán na SD Compostela a próxima tempada, despois de tomar a decisión de non realizarlles oferta de renovación. Ambos futbolistas, caracterizados pola súa enorme entrega, deixan o club tras un último periplo de tres tempadas nas que acadaron o último ascenso á Segunda B.

No caso de Baleato despídese da SD Compostela tras tres tempadas, nas que ademais de alcanzar o salto de categoría, destacou polo seu traballo diario incansable polo ben do equipo, tanto dentro como fóra do campo. O mediocentro de Bembibre disputou neste tempo un total de 75 encontros oficiais, alternando o centro do campo e a defensa.

Pola súa banda, Primo pecha deste xeito a súa segunda etapa no Compos, ao que regresou en 2019 tras un periplo por Islandia. Así, aos 38 encontros oficiais da súa primeira experiencia na capital galega, nos que anotou 23 tantos, sumou nesta segunda outros 57 partidos, selando 21 goles. Ademais da súa capacidade goleadora, o guerreiro cántabro loitou contra todo tipo de defensas na súa etapa como compostelanista.

Por todo iso, a SD Compostela quere agradecer a Baleato e a Primo o seu traballo, esforzo e dedicación polo ben do club, desexándolles a maior das sortes para o seu futuro.

 

Moitas grazas e moita sorte!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🏅 Onte celebrouse a gala dos VII Premios Santiago Deporte, coa que a Concellería de Deportes de Santiago de Compostela recoñece aos mellores deportistas e entidades da cidade🩵🤍 Queremos destacar especialmente o recoñecemento a título póstumo ao noso expresidente, José María Caneda 👏 Ademais, queremos darlle parabéns ao noso patrocinador Limpiezas Salgado, que recibiu o premio ao patrocinio deportivo do ano⚽️ E tamén a Enrique Fernández Otero "Quico", vencellado ao Compos durante moitos anos, quen recibiu o premio honorífico a súa traxectoria deportiva📸 Pazo de Raxoi ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
x29 🆚 UD Llanera 🏟️ Pepe Quimarán🗓️ Sábado, 29 de marzo🕔 17.00 horas#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.