Baleato e Primo non continuarán na SD Compostela

9 de Xuño de 2022
  • Ambos participaron no último ascenso á Segunda B

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2022

Roberto Baleato e Óscar Conde ‘Primo’ non continuarán na SD Compostela a próxima tempada, despois de tomar a decisión de non realizarlles oferta de renovación. Ambos futbolistas, caracterizados pola súa enorme entrega, deixan o club tras un último periplo de tres tempadas nas que acadaron o último ascenso á Segunda B.

No caso de Baleato despídese da SD Compostela tras tres tempadas, nas que ademais de alcanzar o salto de categoría, destacou polo seu traballo diario incansable polo ben do equipo, tanto dentro como fóra do campo. O mediocentro de Bembibre disputou neste tempo un total de 75 encontros oficiais, alternando o centro do campo e a defensa.

Pola súa banda, Primo pecha deste xeito a súa segunda etapa no Compos, ao que regresou en 2019 tras un periplo por Islandia. Así, aos 38 encontros oficiais da súa primeira experiencia na capital galega, nos que anotou 23 tantos, sumou nesta segunda outros 57 partidos, selando 21 goles. Ademais da súa capacidade goleadora, o guerreiro cántabro loitou contra todo tipo de defensas na súa etapa como compostelanista.

Por todo iso, a SD Compostela quere agradecer a Baleato e a Primo o seu traballo, esforzo e dedicación polo ben do club, desexándolles a maior das sortes para o seu futuro.

 

Moitas grazas e moita sorte!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Céltiga F.C 🩵🤍 Os nosos para o encontro de mañá ás 18:00 horas na nosa casa👉 Están citados todos os xogadores #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Céltiga F.C ⚽️ Previa do noso adestrador antes do encontro de mañá ás 18:00 horas no Vero Boquete#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmada a nova data para o encontro aprazado! ⚽️ 𝐗𝟐𝟎🆚 Club Juventud Cambados🗓️ Sábado, 28 de febreiro🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe completamos a semana de aniversarios co do noso picheleiro, Damián Noya 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐃𝐚𝐦𝐢𝐚𝐧!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.