Despedida dunha lenda: Jimmy non seguirá na SD Compostela

20 de Xuño de 2022
  • O lateral esquerdo deixa o Compos tras doce tempadas e 351 encontros

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2022

Óscar Seoane Mella ‘Jimmy’ non continuará na SD Compostela a próxima tempada, despois de que o club decidise non realizarlle unha oferta de renovación. O Compos despídese así dunha das grandes figuras do seu pasado recente, un lateral santiagués que o deu todo polo equipo da súa vida durante doce tempadas e 351 encontros disputados.

Despois de tres etapas diferentes no club, Jimmy deixa a SD Compostela aos seus 34 anos como un dos xogadores con máis partidos disputados coa camiseta branquiazul de toda a historia. Referencia do club do seu corazón, no seu prolongado periplo como compostelanista, ademais de demostrar as súas grandes calidades futbolísticas, conseguiu tamén tres ascensos, o último deles na tempada do covid.

Ademais, o lateral esquerdo pechou a súa etapa como xogador do Compos tras unhas tres últimas campañas nas que compartiu adestramentos e partidos co seu irmán Saro, con ambos asentados na defensa dos nosos.

Por todo iso, a SD Compostela quere agradecer a Jimmy o seu enorme traballo, dedicación e esforzo durante a súa etapa como compostelanista, desexándolle o maior dos éxitos para os seus retos e proxectos de futuro.

Moitas grazas, Jimmy!

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.