Nove canteiráns iniciarán a pretempada co primeiro equipo

15 de Xullo de 2022
  • Súmanse aos catorce xogadores do primeiro plantel
  • Están citados para o luns ás 10.30 horas no San Lázaro II

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2022

A SD Compostela arrinca a nova tempada este luns 18 de xullo e farao con nove canteiráns, do Xuvenil A e do Sigüeiro, que se sumarán aos catorce futbolistas do primeiro plantel. Todos eles poñeranse ás ordes de Fabiano e o seu corpo técnico, conformado por Cardeñosa e Sergio Castiñeiras.

Algúns dos xogadores da base citados foron habituais o ano pasado, e mesmo en cursos anteriores, nos adestramentos do primeiro equipo, debutando algúns deles na Segunda RFEF.

Do Filial, estarán presentes os defensas Ozores e Kike, o mediocentro Óscar Remuiñán, quen xogou dous encontros a campaña pasada co Compos; e os xogadores de banda Santi de Prado, quen tamén se estreou no Vero Boquete, e Yago García Escolar.

Pola súa banda, do xuvenil de División de Honra estarán o porteiro Trillo, o defensa Dani Varela, o mediocentro Goris, quen se estreou na Copa RFEF o pasado verán; e o dianteiro Iker Carril, quen foi convocado co primeiro equipo o último curso.

Todos eles están citados xunto aos catorce xogadores do primeiro plantel que contan con contrato en vigor: Pato Guillén, Borja Rey, Roque, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Damián Canedo, Martín Salvador, Pablo Antas, Samu, Mario, Fer Beltrán, Jordan, Parapar e Pablo Durán.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 OURENSE- 1
  • COMPOSTELA- 0 OURENSE- 1
  • COMPOSTELA- 0 OURENSE- 1
  • COMPOSTELA- 0 OURENSE- 1
  • COMPOSTELA- 0 OURENSE- 1
  • COMPOSTELA- 0 OURENSE- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

49 minutes ago

SD Compostela
🙌 Nova oportunidade para levantarse e volver sumar de tres!!! 💙🤍 🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril 🗓️ 07.10.23⏰ 17.00🏟️ Abegondo#fabrilcompos #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
⚔️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋 ⚔️💪 Traballo, traballo e máis traballo para levantarnos deste mal momento!⚽️ Catro sesións por diante para preparar o encontro do sábado en Abegondo contra o Real Club Deportivo de La Coruña Fabril! #fabrilcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 | Manel Menéndez#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 💙🤍0⃣-1⃣Ourense CF #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.