Nova proba para o Compos co VI Memorial Antonio Bermúdez

1 de Agosto de 2022
Pato, Ramón Castro, Antonio Bermúdez e Fabiano
  • O RC Celta B será o rival este mércores, ás 19.30 horas, no Vero Boquete

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2022

Este mércores 3 de agosto, a SD Compostela de Fabiano terá a súa segunda proba de pretempada coa disputa do VI Memorial Antonio Bermúdez. Co RC Celta de Vigo B como rival, os branquiazuis volverán ao Vero Boquete, ás 19.30 horas, para seguir coa súa preparación para a liga.

Esta cita ineludible no calendario estival do club, coa que se lembra a figura dun gran amigo como era Antonio Bermúdez, foi presentada esta mañá no estadio compostelanista, nun acto no que estiveron presentes o xornalista, e fillo do homenaxeado, Toño Bermúdez; o director das relacións institucionais do Compos, Ramón Castro; o adestrador do primeiro equipo, Fabiano Soares; e o porteiro Pato Guillén.

O acceso ao encontro será gratuíto para os novos abonados, mentres que os que non o son terán que pasar polo despacho de billetes. O custo da entrada será de 10€ para adultos e gratis para menores de idade.

En todo caso, atendendo a que a Campaña acaba de arrincar, todos aqueles que queiran asistir ao partido e que non teñan tempo a realizar o seu abono a tempo, deberán gardar a entrada, xa que se lle descontarán posteriormente os dez euros no prezo do Abono.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 De pequenos a maiores, co apoio de todos, a por este play offTodos xuntos conseguiremos o ascenso!!Imos con todo desde este sábado!! 💪💪💪📸 Nacho Castaño#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🎂 Neste Día da Ascensión, temos de aniversario ao noso mago, Parapar 🩵🤍Moitos parabéns!! Que veña acompañado dun ascenso!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧤 Con 28 goles encaixados e unha media de 0,0092 goles/minuto, o noso Álex Cobo foi o Zamora do Grupo 1 da Terceira RFEF🩵🤍 Parabéns, Álex!! A seguir así no play off!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron onte a semana de adestramentos para o inicio do play off👉 A partir de mañá, centrados en comezar ben a fase de ascenso#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Comeza o play off!! Este sábado, a primeira gran cita en Vilalba!Todos xuntos, a comezar con bo pe!! 🫂⚽️ 𝐈𝐝𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐟𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬🆚 RACING CLUB VILLALBÉS🕡 18:30 horas🏟️ A Magdalena🎟️ Xeral: 15€ | Menores de 16 anos: Gratis#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.