O Celta B leva o sexto Memorial Antonio Bermúdez

3 de Agosto de 2022
Iker Losada Memorial
Álvaro Casas Memorial
  • O filial celeste superou por 0-1 a un gran Compos

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2022

O RC Celta B levou a sexta edición do Memorial Antonio Bermúdez tras superar á SD Compostela por 0-1. Un tanto de Iker Losada de falta, na segunda metade, marcou o segundo encontro de pretempada para os nosos, un duelo con máis ritmo, ocasións e mostrando unha gran imaxe ante un rival de superior categoría.

Nunha primeira metade moi igualada, o Compos tivo as súas opcións, especialmente nun incisivo Mario Rodríguez, na súa estrea como compostelanista. O atacante barcelonés tivo un disparo axustado ao poste e un libre indirecto que golpeou na barreira. Pola súa banda, o Celta B probouno cun man a man de Lautaro, sacado por Pato, e un penalti lanzado por Javi Gómez e que salvou o arqueiro uruguaio cunha gran estirada.

Xa na segunda, o duelo arrefriouse e baixou marchas, algo normal a estas alturas da tempada. Os minutos transcorrían con moitos cambios e sen apenas ocasións. Con todo, nunha falta no bordo da área, Iker Losada sacou un sensacional disparo que se coou pola escuadra.

Así, decidiuse a contenda para o bando celeste, nuns últimos minutos que deixaron a nota anecdótica da expulsión de Álvaro Casas. De este modo, o Celta B repite título, xa que tamén conseguira a cuarta edición do trofeo.

FICHA TÉCNICA:

SD COMPOSTELA: Pato Guillén, Roque, Álvaro Casas, Pablo Crespo, Martín, Samu, Fer Beltrán, Parapar, Mario Rodríguez, Cano e Santi de Prado. Tamén xogaron: Mario, Borja Rey, Yago, Romario, Dani Varela, Damián, Iker Carril, Ozores e Óscar Remuiñán.

RC CELTA DE VIGO B: César, Iván López, Yoel, Javier Rodríguez, Gael, Medrano, Damián, Víctor, Raúl Blanco, Javi Gómez e Lautaro. Tamén xogaron: Iker Losada, Tomhas, Barcia, Carlos Beitia, David Rey, Darío, Álex González, Sotelo, Hugo Álvarez e Santi Prado.

Goles: Iker Losada, min.77.

Incidencias: VI Memorial Antonio Bermúdez disputado no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
Feliz Día das #LetrasGalegas2025Unha lingua, unha cultura e unha identidade propias que nos identifican 🩵🤍Este ano está dedicado ás cantareiras, e por iso queremos compartir a serie documental 'Se canto é porque quero' da Real Academia Galega 🎥 academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-1730767 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
BONOS CORAZÓN COMPOSTELA 2025 🩵🤍👉 Mañá, ás 9.30 horas, ábrese o prazo para adquirir os Bonos Corazón🙌 Poderás utilizalos na nosa TENDA OFICIALCada persoa pode descargar ata 3 bonos de 50€ (IVE incluído), cofinanciados nun 40% polo Pazo de Raxoi Dispoñibles ata o 16 de xuño ou ata esgotar o saldo➕ℹ️ en bonoscorazoncompostela.gal#tendaoficialcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
Sempre nas boas. Sempre nas malas. Sempre Compos 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/05/sempre-nas-boas-sempre-nas-malas-sempre-compostela/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ 𝐒𝐞𝐜𝐡𝐨#ComposValladolidPromesas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.