Elliot Gómez, un extremo con calidade para o ataque do Compos

6 de Agosto de 2022
Fichaxe Elliot Gómez Instagram
  • O atacante procede do Tenerife e conta con experiencia en Segunda División

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2022

Elliot Gómez López (Güímar-Santa Cruz de Tenerife, 11/06/1999) é novo xogador da SD Compostela para a Tempada 22/23. O extremo canario, con experiencia en Segunda División, achegará potencia e desborde ao ataque branquiazul. Ademais, pode actuar tanto en ambas bandas como de dianteiro. Chega desde o CD Tenerife e firma por unha tempada.

Formado nas categorías inferiores do CD Tenerife e do Real Madrid, participando na UEFA Youth League, deu o salto ao profesionalismo, en 2018, co Real Madrid Castela, aínda que se marcharía cedido a comezos de ano ao Burgos CF, en Segunda B, disputando sete encontros.

No mercado invernal, buscando protagonismo, iríase ao filial do Tenerife. Alí alternou o filial co primeiro equipo, froito do seu gran rendemento. En Segunda División debutou o 22 de novembro de 2019, na vitoria contra o Real Sporting de Gijón. En total, nesa tempada, participou en nove encontros, catro como titular, dando unha asistencia. Ademais, en Copa do Rey, tamén disputaría outros catro partidos, todos eles como titular, achegando outros dous pases de gol.

Ao curso seguinte marcharíase cedido ao Real Valladolid Promesas, participando en once partidos, un deles da fase de ascenso a Segunda División. Tralo seu paso por terras castelás, a campaña pasada iría novamente a préstamo ao Hércules, do Grupo V da Segunda RFEF. Pechou o curso con vinte e un duelos xogados, marcando un tanto.

Coa súa firma, a SD Compostela 22/23 conta agora con dezasete xogadores no primeiro plantel. Unha vez pechado o acordo, Elliot sumarase aos adestramentos o vindeiro luns.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron onte a semana de adestramentos para o inicio do play off👉 A partir de mañá, centrados en comezar ben a fase de ascenso#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Comeza o play off!! Este sábado, a primeira gran cita en Vilalba!Todos xuntos, a comezar con bo pe!! 🫂⚽️ 𝐈𝐝𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐟𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬🆚 RACING CLUB VILLALBÉS🕡 18:30 horas🏟️ A Magdalena🎟️ Xeral: 15€ | Menores de 16 anos: Gratis#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos gañou en Viveiro, pero xogará o playoffToca levantar o ánimo, loitar ata o final e pelexar polo ascenso na faseTodos xuntos 🫂👉 sdcompostela.com/gl/2026/05/10/compos-viveiro-playoff-vitoria/📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINALVIVEIRO C.F. 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Damián NoyaTocará loitar no playoff para acadar o ascenso!! Todos xuntos, ata o final!!Grazas a todos por acompañarnos en Viveiro! Seguiremos loitando!📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeSEGUIMOS, COMPOS!!IMOS LOITAR ATA O FINAL!! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.