Aberta a inscrición para a Escola Deportiva do Arteal

6 de Setembro de 2022
  • As clases comezarán o 12 de setembro e haberá un máximo de 35 alumnos

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2022

O Club Arteal Tenis de Mesa abre a inscrición da súa Escola Deportiva para todos aqueles nenos e nenas da comarca de Compostela con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos. As clases empezarán a partir do próximo 12 de setembro e o número máximo será de 35 alumnos.

A actividade será impartida no local do estadio de Fútbol de San Lázaro e estará dirixida polos adestradores Gerusa Manhani, Humberto (xogador de SuperDivisión) e Ignacio Cabezas.

Ata outubro desenvolveranse xornadas de portas abertas, onde os nenos poderán compartir mesa e gozar cos xogadores profesionais dos equipos de SuperDivisión Masculina, que participarán igualmente nas clases.

O prazo para inscribirse acabará unha vez cubertas as prazas e o horario das clases será de luns a venres, de 17.00 a 20.15 horas, repartidas en varios grupos, cun máximo de 12 alumnos.

A cota mensual é de 20€, con bonos familiares para varios membros da mesma familia. Dada a gran acollida que tivo en pasadas edicións, tamén existirá un grupo de adultos, onde poden participar todo tipo de afeccionados.

Para as inscricións ou recibir máis información habilítase o teléfono de contacto 636478145.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 A pola segunda vitoria consecutiva!⚽️ 𝐗𝟐𝟐🆚 Club Silva SD 🗓️ Domingo, 22 de febreiro🕧 12:30 horas🏟️ Grela 1🎟️ Entrada libreEste domingo, anima aos nosos na Coruña! 🙌#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo🏟️ Comeza a semana para preparar a visita a Coruña#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos estreou a marcadora de vitoria na segunda volta, consolidando o seu liderado, tras superar por 2⃣-1⃣ ao Céltiga F.C no Vero Boquete 👉 sdcompostela.com/gl/2026/02/15/compos-vitoria-segunda-volta/ 📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-1️⃣ Céltiga F.C ⚽️ Armental | ⚽️ ParaparE CHEGOU O AGARDADO TRIUNFO NA CASA, PRIMEIRO DA 2ª VOLTA 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍TRES PUNTOS MOI IMPORTANTES PARA CONSOLIDAR O LIDERADO 💪💪💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.