Un punto de solidez para o Compos na casa

9 de Outubro de 2022
Pablo Antas OCasión vs Guijuelo
Darío vs Guijuelo
  • Os nosos volveron gardar a portería a cero, aínda que faltou fortuna no ataque

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2022

A SD Compostela non puido pasar do empate a ceros contra o Guijuelo, que chegaba ao Vero Boquete como líder. Demostrando solidez atrás, os nosos volveron gardar a súa portería á perfección, aínda que nesta ocasión faltou fortuna para materializar as ocasións a favor, con dous remates de cabeza que se estrelaron no traveseiro.

Coa mesma aliñación que ante o Zamora, coa única novidade de Fer Beltrán, que regresaba de sanción, por Jordan, a SD Compostela volvía ao Vero Boquete co obxectivo de conseguir os tres puntos ante o líder, un Guijuelo imbatido neste arranque de campionato.

Sabendo que sería un partido longo, de moita paciencia, os nosos tentaron manterse sen pasar apuros e buscando a portería rival en canto se dese a oportunidade. Así, tras uns primeiros minutos de tenteo, chegou a primeira opción, nunha asistencia atrás de Darío, á que non chegou Antas por pouco.

Precisamente, o mediocentro de Monterroso sería protagonista no primeiro acto, debido a que nas súas botas e na súa cabeza estiveron as opcións máis claras do Compos. No 18, Antas conectou con Darío, este non puido rematar e devolveulla atrás para que disparase en posición franca, pero, con todo a favor, mandouna fóra por moi pouco.

E no 26, tras un córner provocado por un centro chut de Riki Mangana que estivo a piques de sorprender a Johan, de novo emerxía Pablo para saltar no segundo pau, pero o seu remate de cabeza foise por escasos milímetros, rozando incluso o traveseiro.

Pola falta de acerto e sen ocasións para o rival, cunha defensa moi sólida, ao descanso chegouse co 0-0.

Á volta dos vestiarios, ambos conxuntos mantiveron os onces e a contenda seguiu polos mesmos camiños, con dúas defensas que gañaban aos ataques. Nesa igualdade, custaba inquietar aos porteiros, aínda que a presión estaba no campo do Guijuelo.

Foron corenta e cinco minutos moi tácticos no que a máis clara chegaría, para o Compos, nunha acción a balón parado. Samu colgouna e Darío emerxeu entre os centrais para tocala coa testa, o balón colleu unha parábola moi perigosa, pero Johan tocouna e a pelota estrelouse no traveseiro.

Sen fortuna adiante, pero con solidez atrás, foron pasando os minutos e chegou o desconto, no que o Guijuelo tivo a súa alternativa nunha contra que rematou mal Davo.

Por iso, todo terminou como empezou, co empate a ceros inicial. Nova portería imbatida para o Compos, cada vez máis sólido na defensa. Nesta ocasión, non houbo sorte para marcar algunha das ocasións, pero sen encaixar, os nosos levan un punto. Agora tocará facelo bo na próxima visita ao Lugo B.

FICHA TÉCNICA

0- SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Riki Mangana, Kike, Samu, Pablo Crespo, Damián; Roque, Álvaro Casas, Pablo Antas (Jordan, m.73); Fer Beltrán e Darío (Cano, m.85).

0- CD GUIJUELO: Johan; Piojo, Trapero (Willy, m.73), Quintana, Coque; Azpiri; Álex (Pepe Carmona, m.60), Toti, Cristóbal, Garban (Davo, m.73); e Montero (Ousman, m.89).

GOLES: Sen goles.

ÁRBITRO: Sahelices Puga (Asturias). Amoestou a Damián e Álvaro Casas, polo Compos; e a Pepe Carmona, polo Guijuelo.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 6 de Liga do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 970 espectadores. No descanso do partido, nenos ucraínos acollidos en Teo realizaron o concurso do gol de Ronaldo.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.