Fabiano: “É importantísimo gañar este partido”

4 de Novembro de 2022
  • A SD Compostela quere sumar o segundo triunfo consecutivo na Liga ante a Gimnástica

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2022

Tras sumar o triunfo en Carballo, a SD Compostela buscará mañá conseguir os tres puntos na casa para seguir crecendo na clasificación, antes do primeiro parón da competición. Na visita da Gimnástica de Torrelavega, os nosos confían en sumar o segundo éxito da tempada no Vero Boquete, co apoio da afección.

Convocatoria. Elliot queda fóra da convocatoria, veu triste, expliqueille o que me parecía, ao final démonos un abrazo, loxicamente non entendeu a decisión, pero quedamos de analizar durante a próxima semana todo. Gustoume que viñese falar comigo, porque é bo que se enfade por quedar fóra, chapó por el.

Un equipo forte. Gústame gañar, competir, que sexamos competitivos e se el deu un paso para vir falar, buscando un acordo, benvido sexa, todos deberían ser así. No Compos ten que doer perder e ser feliz cando gañas. Non che pode dar igual perder ou empatar, temos que ser un equipo forte e grande, como o Compostela é.

Reforzo anímico da vitoria. Os adestramentos son mellores despois de gañar, ademais nun campo difícil de herba artificial, remontando, a pena é o gol que levamos, por falta de intensidade defensiva. Falamos, mostrando vídeos e temos que ser competitivos sen balón. É un bo momento para xogar na casa, demostrar que melloramos e que podemos gañarlle a calquera aquí.

Importancia da vitoria. É importantísimo gañar este partido, polo civil ou polo criminal. Metemos na cabeza dos xogadores a importancia de conseguir os puntos. Enfrontarémonos a un rival moi ben organizado, pero temos que ser quen de facelo e oxalá así sexa.

Gimnástica. É un equipo moi ben organizado, cun sistema que coñecen ben. É moi difícil entrar na súa zona defensiva, estudamos por onde facerlle dano e tentaremos explotalo. Ademais, en balón parado, tamén son potentes, polo que teremos que estar atentos. En todo caso, o importante somos nós, ser competitivos, porque así podemos gañarlle a calquera.

Regreso de Samu. Samu, coa súa experiencia e a súa maneira de competir, que me gusta moito, faiche dubidar. Tíveno claro durante a semana e iremos cun equipo forte para facerlle dano á Gimnástica e oxalá sexamos quen de superalos.

Achega de Iván Martín. Iván dános un xogo diferente a Darío. Fabricou unha ocasión de gol noutra case mete, fáltalle algo de ritmo, pero está a traballar ben e será un xogador importante, que nos pode dar goles. A súa experiencia e calidade pódenos mellorar o nivel do equipo.

Ter a todo o equipo. Estou moi feliz por chegar a esta situación, porque todos están a coller o ritmo, as lesións desapareceron e é o mellor momento do equipo, do sistema e do nivel futbolístico. Estou moi confiado en que o grupo consiga superar o partido de mañá e os do futuro.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

53 minutes ago

SD Compostela
🔛 COMEZOUArosa SC 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador!Moitos parabéns, Donnici!!A celebralo esta tarde cunha vitoria no derbi da Lomba 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.