HM Hospitales renova a súa colaboración coa SD Compostela para a tempada 22/23

11 de Novembro de 2022
HM Hospitales
Juan Carlos Rodríguez Gesto y Rafael Silva
  • O presidente Juan Carlos Rodríguez Gesto visitou as instalacións do Hospital HM Rosaleda para selar o acordo

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2022

HM Hospitales renovou a súa colaboración coa SD Compostela para a tempada 2022/23. O acordo de patrocinio selouse esta mesma semana na sede do Hospital HM Rosaleda, onde o presidente do club, Juan Carlos Rodríguez Gesto, foi recibido polo director de Relacións Institucionais e Proxectos Estratéxicos de HM Hospitales en Galicia, Rafael Silva Agregán.

No encontro, no que participou tamén Miguel Fernández, director de márketing da SD Compostela, o directivo de HM Hospitales aproveitou para desexarlle “toda a sorte do mundo á nova directiva do equipo ante unha tempada chea de retos e posibilidades”.

“Estou seguro de que serán uns meses de moito traballo e sufrimento, pero tamén de grandes alegrías” augurou Rafael Silva, quen reiterou o apoio de HM Hospitales ao deporte local, como parte esencial na promoción dun modo de vida saudable na nosa contorna máis próxima. O directivo de HM Hospitales incidiu no “obxectivo compartido que é a promoción da saúde, a través do impacto positivo que supón a actividade física e que se materializa nesta colaboración que mantemos desde hai xa moitos anos”.

Pola súa banda, Juan Carlos Rodríguez Gesto, aproveitou o encontro para destacar o apoio achegado por unha firma de prestixio na cidade, como é HM Hospitales. “Para o club é un orgullo e un pracer contar co apoio dunha entidade, con tanto prestixio e tan vinculada a Santiago, como HM Hospitales. É de agradecer que este compromiso se siga mantendo tempada tras tempada, en base ás boas relacións que hai entre ambas entidades”, sinalou o presidente da SD Compostela.

Ademais, no acto no que se rubricou a firma do novo acordo, o novo mandatario do club quixo trasladar o seu agradecemento persoal a Rafael Silva, así como ao equipo de HM Hospitales, centro médico de referencia para os xogadores do club, en particular, e tamén para todos os composteláns.

 

HM Hospitales

HM Hospitales é o grupo hospitalario privado de referencia a nivel nacional, baseando a súa oferta na excelencia asistencial sumada á investigación, a docencia, a constante innovación tecnolóxica e a publicación de resultados.

Dirixido por médicos e con capital 100% español, conta na actualidade con máis de 6.500 traballadores laborais, que concentran os seus esforzos en ofrecer unha medicina de calidade e innovadora, centrada no coidado da saúde e o benestar dos seus pacientes e familiares.

HM Hospitales está formado por 47 centros asistenciais: 20 hospitais, 3 centros integrais de alta especialización en Oncoloxía, Cardioloxía, Neurociencias, 3 centros especializados en Medicina da Reprodución, Saúde Ocular e Saúde Bucodental, ademais de 21 policlínicos. Todos eles traballan de maneira coordinada para ofrecer unha xestión integral das necesidades e requirimentos dos seus pacientes.

Actualmente, HM Hospitales en Galicia dispón 4 hospitais con máis de 250 camas e 23 quirófanos que responden a todas as especialidades médicas e cirúrxicas, e conta coa máis avanzada tecnoloxía de diagnóstico por imaxe. Destacan a UCI de adultos e neonatal, os servizos de urxencias 24 horas e urxencias pediátricas, a medicina nuclear e HM Fertility Center, entre outros. Estes recursos veñen sumarse aos do resto do grupo no conxunto de España, todos eles coa maior cualificación técnica e humana.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 A familia do Compos é solidaria!Fixemos entrega á Fundación Stop Leucemia dunha donación de 665€ pola venta de 133 camisetas benéficas para a súa campaña "Regala Ciencia"🙌 Agradecemos a Fútbol Emotion, Casal Cotòn e á Fundación a súa colaboración nesta gran iniciativa📸 No acto de entrega, estiveron presentes Carlos Pérez, investigador da Fundación Stop Leucemia; e María del Carmen Casal, de Casal e CotónXuntos, impulsamos a investigación sobre enfermidades como a leucemia! Grazas a todos por facelo posible! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.