Fabiano: “Temos as nosas armas e tentaremos poñelas en práctica para superalos”

18 de Novembro de 2022
  • Tralo parón ligueiro, os nosos queren prolongar a boa dinámica ante o líder

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2022

A SD Compostela regresa á competición, tralo parón ligueiro, e faio co obxectivo de prolongar a súa boa dinámica, despois de sumar dous triunfos consecutivos. Para lograr o terceiro, os nosos viaxarán ao Espiñedo para medirse ao líder, ao equipo de moda do fútbol nacional, o Arenteiro. Coas pilas cargadas e coa confianza da mellora proxectada nas últimas semanas, Fabiano agarda lograr o obxectivo.

Charla con Elliot. Chegamos a un acordo, a actitude foi moi boa, é un gran xogador e está polo labor de mellorar. Se está receptivo é importante e alégrome moito.

Estado do plantel. O equipo está moi ben, adestrou ben e fisicamente está perfecto. Só Mario Constenla está con febre, oxalá se recupere pronto, pero os demais están ben e alégrome.

Motivacións. Eles, por tradición, sempre xogan moi motivados contra o Compos. Se fose outro partido igual se relaxaban, pero neste non. Estarán moi motivados, no seu campo son moi fortes, están a facer unha gran tempada e poñerannos as cousas difíciles, pero tamén temos as nosas armas e tentaremos poñelas en práctica para superalos.

Cabeza. Non podemos entrar en provocacións. O noso equipo non está afeito a xogar con esas artimañas do fútbol. Somos nobres, iremos xogar e tentar superalos, esquecéndonos de provocacións ou desquites.

O Arenteiro. Ten un bloque bo que está moi motivado por levar tanto tempo sen perder, a súa afección apértalles e o campo tamén lle axuda. Todo lle sorrí para que o equipo gañe. Por iso, destacaría o seu conxunto, porque é forte. Nós sabemos o que nos imos a atopar, estamos a adestrar uns aspectos e a ver se somos quen de poñelos en práctica para superalos.

Como xogar no Espiñedo. Temos claro como xogaremos, tivemos tempo para preparar o partido e agora é poñer intensidade no campo e orde. Estou confiado.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.