A directiva reúnese coas peñas este mércores

5 de Decembro de 2022

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2022

Seguindo coa dinámica de abrir o club e achegar a entidade aos afeccionados, este mércores 7 de decembro, ás 20.00 horas, terá lugar no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro unha reunión informativa cos representantes das peñas do club.

Por parte da SD Compostela acudirán Lois Rosende, novo directivo encargado das relacións cos afeccionados, e Javier García, vicepresidente e portavoz da Xunta Directiva.

O encontro, xa programado con anterioridade, celebrarase no marco de coñecer as inquietudes dos afeccionados compostelanistas e achegar o día a día do club aos seguidores branquiazuis, neste caso, ás peñas que nos acompañan tanto na bancada do Vero Boquete como na gran maioría dos desprazamentos.

Será o segundo encontro coas peñas, tras a produtiva reunión celebrada a mediados do pasado mes de xullo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.