Comunicado Sociedade Deportiva Compostela Novos Socios

21 de Decembro de 2022
  • Na Asemblea Xeral aprobouse a entrada de 19 novos socios

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2022

A Sociedade Deportiva Compostela quere informar aos seus abonados e simpatizantes que, no día de hoxe, a Asemblea Xeral do Club aprobou a admisión dos novos socios, ratificando o acordo alcanzado pola Xunta Directiva o pasado 29 de novembro.

A Xunta Directiva acordou co grupo de inversores a entrada de 19 novos socios nesta Asemblea Xeral, pospoñendo a de Borja Iglesias para datas vindeiras, por razóns que el mesmo explicará.

O acordo con este grupo de inversores ten como principal obxectivo garantir a estabilidade e crecemento económico do club, aumentar a súa masa social e aspirar, deste xeito, aos máximos obxectivos deportivos, convertendo á entidade no club que, ao noso entender, merece ter a capital de Galicia.

Con estas incorporacións, abordarase en próximas datas a reestruturación que sexa necesaria na xunta directiva, así como aquelas medidas que sexan necesarias para asegurar o bo devir do club.

Deste xeito, deseñarase unha folla de ruta co obxectivo de converter o club en Sociedade Anónima Deportiva. Así mesmo, realizaranse investimentos para situalo cultural, social e deportivamente coa importancia, arraigamento e peso que un club como este debe ter, non só no ámbito local senón tamén a nivel nacional. Estes investimentos estímanse, inicialmente, nun rango de 1,5 a 2 millóns de €, establecéndose, para o efecto, as fórmulas que resulten adecuadas para iso.

A través desa Sociedade Anónima Deportiva profundarase na democratización do club, dándolle preferencia na participación, en primeiro lugar, aos abonados e aos actuais dirixentes do club; en segundo lugar, ao tecido empresarial da cidade; e, en último caso, a todos aqueles que queiran participar.

Con este motivo, facilitarase á entidade o acceso a ferramentas tecnolóxicas de última xeración para a xestión deportiva e administrativa, tanto sistemas de xestión interna e relación con fans como ferramentas para análises de rendemento, deseño de estratexia, scouting…

Do mesmo xeito, tratarase de reforzar e mellorar todas as liñas emprendidas, nos distintos ámbitos, pola actual Xunta Directiva, manténdoas en canto sexa posible e non prexudique os intereses do club.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 A pola segunda vitoria consecutiva!⚽️ 𝐗𝟐𝟐🆚 Club Silva SD 🗓️ Domingo, 22 de febreiro🕧 12:30 horas🏟️ Grela 1🎟️ Entrada libreEste domingo, anima aos nosos na Coruña! 🙌#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo🏟️ Comeza a semana para preparar a visita a Coruña#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos estreou a marcadora de vitoria na segunda volta, consolidando o seu liderado, tras superar por 2⃣-1⃣ ao Céltiga F.C no Vero Boquete 👉 sdcompostela.com/gl/2026/02/15/compos-vitoria-segunda-volta/ 📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-1️⃣ Céltiga F.C ⚽️ Armental | ⚽️ ParaparE CHEGOU O AGARDADO TRIUNFO NA CASA, PRIMEIRO DA 2ª VOLTA 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍TRES PUNTOS MOI IMPORTANTES PARA CONSOLIDAR O LIDERADO 💪💪💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.