Alberto Rodríguez, novo adestrador do Sigüeiro

3 de Xaneiro de 2023
Alberto Rodríguez, Sigueiro

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2023

Alberto Rodríguez Fraga (A Coruña, 22/02/1989) é o novo adestrador do Sigüeiro FC para a Tempada 2022/23. O técnico coruñés de 33 anos dirixirá ao filial da SD Compostela nesta segunda parte da tempada co obxectivo de mellorar os resultados e asentar ao equipo fóra dos postos de descenso do Grupo Norte da Preferente Galicia.

O mozo técnico chega ao club de Oroso tras destacar nas últimas tres campañas no Sofán, equipo tamén de Preferente, co que conseguiu un histórico ascenso a Terceira División en 2021.

Anteriormente, na súa traxectoria profesional, tamén exerceu como Preparador Físico e Segundo Adestrador no Atlético Arteixo, Racing Vilalbés, CCD Cerceda e no FC Jumilla, da Segunda División B.

Ademais, tamén exerce como profesor na Escola Galega de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol.

O club deséxalle a maior das sortes e éxitos nesta nova etapa. Benvido á túa nova casa, Alberto.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador!Moitos parabéns, Donnici!!A celebralo esta tarde cunha vitoria no derbi da Lomba 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.