O Compos organiza un gran Cocido de Carnaval no partido contra o Zamora

8 de Febreiro de 2023
Cocido
  • Realizarase unha festa antes do inicio do partido no aparcadoiro do Estadio

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2023

A SD Compostela celebrará o vindeiro sábado 18 de febreiro un gran cocido de carnaval con motivo do partidazo contra o Zamora CF. Antes do encontro, e desde o mediodía, levarase a cabo unha festa compostelanista na que este prato típico galego será o protagonista.

O club quere organizar un gran evento, que sirva de previa para o encontro, cun gran ambiente desde horas antes do inicio do choque, previsto para as 17.00 horas. Deste xeito, desde as 14.00 horas, no aparcadoiro do Vero Boquete de San Lázaro haberá música, moita comida e, por suposto, os disfraces, protagonistas destas festas, con premios para os mellores e máis divertidos.

Desde o club queremos agradecer a colaboración de Mahou, CPM Eventos e Pulpería García, empresas grazas ás cales conseguimos levar a cabo esta iniciativa, co prezo máis axustado posible.

Deste xeito, a entrada para o cocido terá un prezo de 23 euros, e incluirá a comida, bebida, sobremesa e café. Ademais, para os que non sexan abonados, tamén se pon á súa disposición a modalidade “Cocido + Entrada” a un prezo de 30 euros.

Así mesmo, haberá un prezo especial para os máis pequenos da casa. Para os nenos e nenas que teñan entren os 6 e os 12 anos, o custo do cocido (máis a entrada do partido, de ser necesaria), será de 15€. Pola súa banda, os menores de 6 anos terán o acceso gratuíto.

Para a reserva de praza deberase completar o formulario, ao que se pode acceder, ben a través do código QR dos carteis colgados no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro ou ben picando nesta ligazón https://bit.ly/CocidoCarnavalCompos. Tamén se poderá inscribir chamando ao teléfono da Oficina do Club, 981 57 70 41, de luns a venres.

O custo dos boletos para o cocido pagaranse o propio día da festa, aínda que será imprescindible reservar praza con antelación. Agardámoste!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

45 minutes ago

SD Compostela
🤝💪 Grazas aos aceites vexetais ozonizados de Laboratorios Ozoaqua - Expertos en Dermocosmética con Aceites ozonizados, coidamos da pel dos nosos xogadores 🧴 Cos seus produtos dermatolóxicos altamente innovadores e eficaces, garantizamos a saúde cutánea dos nosos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
📹 Pablo Antas ten unha mensaxe para todos!👉 Mañá, ás 11.00, estaremos no Banquete de Conxo axudando no proxecto ECO-BOSQUE🙌 Temos que actuar xa para eliminar a planta invasora tradescantia⁉️ Contamos contigo?🎫 Agasallaranse entradas para este domingo aos que participen ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
x24 🆚 Real Racing Club (Rayo Cantabria)🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 23/02🕔 17.00 horas💡 Ojoalvatio Asesoría Energética📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/ 🎯 A facer bo na casa o empate de onte#composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️⚽️ Plan de traballo para o regreso ao Vero Boquete contra o Real Racing Club (Rayo Cantabria)#composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINAALUM Escobedo 0⃣-0⃣ COMPOS+1⃣ punto!⚽️ Bo partido dos nosos, dominando o encontro, pero sen capacidade para aproveitar as súas ocasións de perigo!🙌 Toca facer bo este empate o próximo domingo na casa!📸 Adriel Sierra#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.