Un triunfo de moito mérito para o Compos, cuarto seguido na casa

10 de Decembro de 2023
Paradón de Borja Rey ante o dianteiro do Oviedo Vetusta, na vitoria do Compos
Celebración do gol de Antón de Vicente para o Compos, un golazo que valeu tres puntos de ouro para os nosos
  • A SD Compostela superou por 1-0 ao Oviedo Vetusta nun partido marcado polas innumerables baixas no cadro branquiazul

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2023

A SD Compostela conseguiu tres puntos de ouro contra o Oviedo Vetusta. Cuarta vitoria consecutiva dos nosos na casa, cunha nova portería a cero, nun duelo no que se sobrepuxeron ás innumerables baixas. O gran labor de Borja Rey baixo paus e o golazo de Antón de Vicente permitiron ao Compos saborear un novo triunfo, que lle permite seguir na parte alta da táboa, a un paso do playoff.

FICHA TÉCNICA

1 – SD COMPOSTELA: Borja Rey; Jaime Santos, Kike, David Soto, Euse, Samu Araujo (Hugo Matos, m.60); Antón de Vicente, Jordan (Landeira, m.46), Fer Beltrán; Parapar e Manu Barreiro.

0 – REAL OVIEDO VETUSTA: Marco; Lamine, Osky (Vicente, m.85), Aimar Collante, Darío (Enol, m.63), Pereke (Iván, m.85), Víctor Blanco (N. Estrada, m.85), Diego Menéndez, Xavi Sola, Izan (Omar Falah, m.77) e Santi Miguélez.

GOLES: 1-0: Antón de Vicente, min.76.

ÁRBITRO: Álvarez Rodríguez (León). Amoestou aos locais Jordan, Antón de Vicente e Samu Araujo, polo Compos; e ao visitante Pereke, polo Oviedo Vetusta.

INCIDENCIAS: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago de Compostela). Xornada 15 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante 936 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.