Hugo Matos asina polo primeiro equipo e amplía o seu contrato ata 2026

30 de Decembro de 2023
Hugo Matos pasa a ser xogador do primeiro equipo da SD Compostela
Hugo Matos leva 15 partidos xogados co primeiro equipo nesta tempada
  1. O canteirán compostelanista formará parte do primeiro plantel do Compos

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2023

Hugo Matos é xa xogador do primeiro equipo da SD Compostela. O canteirán compostelanista asinou esta mañá o contrato que o vincula como xogador de pleno dereito do Compos ata 2026, un logro que conseguiu grazas ao seu gran rendemento nesta primeira volta da liga.

O atacante santiagués segue así os pasos de compañeiros seus, como Roque González ou Kike Vidal, que aproveitaron a súa fichaxe polo filial, o Sigüeiro, para facerse un oco no primeiro plantel da SD Compostela.

Neste sentido, Hugo Matos, que xa debutara o curso pasado co Compos (disputou catro encontros), estivo presente desde a pretempada co primeiro plantel, participando activamente durante a preparación estival, na que anotou ademais dous goles, e contando con minutos na competición ligueira.

Ata a data, nesta primeira parte da tempada, Hugo Matos disputou 15 partidos co Compos, catorce de liga e o da Copa do Rey, partindo de titular en cinco deles.

Fose saíndo de inicio ou partindo desde o banco, en todos eles demostrou unha gran verticalidade e capacidade para o desborde, calidades que, unidas ao seu prometedor potencial, levaron á dirección deportiva a renovar o seu contrato.

Ademais, cabe destacar que Hugo Matos leva demostrando un crecemento no seu rendemento desde a súa chegada ao club, no primeiro ano xuvenil. Na Canteira Picheleira foi partícipe do ascenso do Compos á División de Honra, sendo unha peza destacada na máxima categoría nacional. Precisamente, o curso pasado foi o pichichi do equipo e un dos máximos artilleiros da competición con 12 goles.

Parabéns, Hugo!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ 𝐒𝐞𝐜𝐡𝐨🗣️ Declaracións de Secho tralo terceiro triunfo consecutivo dos nosos, novamente na nosa casa#composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAALLCOMPOS 3️⃣-1️⃣ @rsgimnastica_oficial⚽️ @manubarreiro10 | Pablo Antas | @manuurivaas_💪 TERCEIRO TRIUNFO VITAL CONSEGUIDO SEGUIMOS, COMPOS 🩵🤍#composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-1️⃣ RS Gimnástica ⚽️ Manu Barreiro SEGUIMOS 🩵🤍#composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 🩵🤍🆚️ RS Gimnástica 📸 Nacho Castaño #composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.