Manu Ramírez, unha fichaxe estelar para a mediapunta do Compos

19 de Xaneiro de 2024
Manu Ramírez, novo xogador do Compos
  • Manu Ramírez, centrocampista ofensivo, chega procedente de Unionistas e firma ata 2025

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2024

Manuel Ramírez Hurtado (Lepe, 08.06.1996), coñecido futbolisticamente como Manu Ramírez, é novo xogador da SD Compostela para a tempada 23.24. O mediapunta andaluz chega procedente do Unionistas de Salamanca, da Primeira RFEF, e firma por unha tempada e media, ata xuño de 2025.

Manu Ramírez é un centrocampista ofensivo, cunha ampla experiencia no fútbol nacional e que destaca pola súa capacidade para o último pase e a chegada desde segunda liña. Un enganche que reforzará a medular compostelá, dotándoa dun perfil máis atacante. Ademais de na mediapunta, tamén se pode adaptar á posición de segundo dianteiro e mesmo pode xogar nun dobre pivote no centro do campo.

Manu Ramírez ficha no Compos despois de xogar durante a primeira parte da campaña no Unionistas. En Salamanca comezou con protagonismo no once, pero unha inoportuna lesión na clavícula, que o tivo apartado do equipo durante un mes, cortoulle a progresión. Con todo, disputou oito partidos, o último deles, a eliminatoria de Copa do Rei contra o Villareal, na que anotou un dos penaltis da quenda que os clasificou para oitavos de final do torneo do KO.

Aos seus 27 anos, o canteirán do Recreativo de Huelva acumula unha dilatada experiencia na Segunda División B e 1ª e 2ª RFEF, con 180 partidos ás súas costas. Antes desta campaña, pasara polas filas do propio decano do fútbol nacional, San Roque de Lepe, San Fernando, Don Benito, Calahorra e UCAM Murcia.

Precisamente, en Murcia, o pasado curso, foi un xogador diferencial, disputando 32 encontros na Segunda RFEF e anotando 7 goles, axudando ao equipo universitario a loitar polo ascenso, do que o privou o filial do Atlético de Madrid na final do playoff.

Con ese amargo sabor chega a Santiago co obxectivo de axudar ao Compos, este ano si, a lograr o ascenso á Primeira RFEF.

Con ese reto e en plena forma, hoxe está a realizar o seu primeiro adestramento co equipo e, se o corpo técnico así o decide, estará a disposición para disputar o encontro de mañá contra a Arandina.

O ‘10’ de Unionistas pasará agora a vestir a camiseta 22 do Compos, patrocinada pola Bodeguilla de San Lázaro.

Benvido, Manu!

Youtube

Instagram Compos

Facebook

42 minutes ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmado o horario para a xornada intersemanal da próxima semana⚽️ 𝐗𝟐𝟔🆚 UD Barbadás 🗓️ Xoves, 19 de marzo🕠 17:30 horas🏟️ Os CarrísXogaremos o xoves en Barbadás! 🙌#barbadáscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Alondras C.F. ⚽️ Previa do noso técnico antes do regreso dos nosos ao Vero Boquete, este sábado ás 18:00 horas, co obxectivo de regresar á senda da vitoria#composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👨‍⚕️ PARTE MÉDICO Centro Médico Compostela - Grupo SCQ Salud⚽️ 𝐉𝐨𝐚𝐪𝐮𝐢𝐧 𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 As probas realizadas ao noso canteirán confirmaron un desgarro parcial do ligamento lateral interno do xeonllo dereito👉 O mediocentro xa iniciou tratamento e traballo de recuperación, baixo a supervisión dos servizos médicos e de readaptación do clubMoito ánimo, Goris! Volverás máis forte! 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Esta semana agardámosvos o sábado na nosa casa🤝 Partido patrocinado polo ximnasio 𝐂𝐥𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭 𝐂𝐥𝐮𝐛 𝐒𝐂𝐐, "la Fábrica de Campeones" ⚽️ 𝐗𝟐𝟓🆚 Alondras C.F. 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#ComposAlondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.