Repartición de puntos no Vao

7 de Abril de 2024
O derbi contra o Coruxo no Vao foi moi igualado e moi físico, demostrando os nosos un gran nivel sobre o verde
Once do Compos no Vao para o derbi contra o Coruxo
Jaime Santos, un dos máis activos do Compos dende o costado esquerdo, encarando a un rival
Ocasión de Manu Barreiro, sacada por Alberto co pé, na segunda metade do derbi do Vao
    • O Compos sumou un novo punto nun derbi moi igualado contra o Coruxo no Vao

Santiago de Compsotela, 7 de abril de 2024

A SD Compostela sumou un novo punto en liga. Os branquiazuis empataron 0-0 contra o Coruxo, nun derbi moi igualado, con ocasións claras para ambos bandos, pero sen acerto de cara á portería rival.

As principais opcións para os nosos estiveron, na primeira parte, na cabeza de Kike, cun remate á saída dunha falta que sacou Johan sobre a liña; e nas botas de David Grande, nun disparo desde dentro da área que sacou Alberto abaixo; mentres, na segunda, a máis clara sería para Manu Barreiro, cunha volea cruzada de primeiras que despexou Alberto co pé de maneira milagrosa.

En defensa, pola súa banda, Pato e os tres centrais, estiveron moi seguros, unha xornada máis, sacando toda aproximación local.

Por tanto, sen conseguir perforar a meta rival, pechouse a contenda co 0-0 inicial.

O vindeiro domingo, o Compos terá unha nova oportunidade, esta vez na casa, nun gran derbi contra o Pontevedra. Será ás 16.30 no Vero Boquete.

FICHA TÉCNICA

0 – CORUXO FC: Alberto; Johan, Guido, Borja Marchante, Naveira; Dani Vidal, Mikel Carro; Álex Rey (Mateo, m.73), Pitu, Añón (Mario García, m.85); e Davo (Youssef, m.73).

0 – SD COMPOSTELA: Pato Guillén; Roque, Kike, Álvaro Casas (Pep Caballé, m.70), Antón de Vicente, Jaime Santos; Samu, Pablo Antas; Parapar (Juampa, m.81), Manu Ramírez (Jordan, m.81) e David Grande (Manu Barreiro, m.64).

GOLES: Sen goles.

ÁRBITRO: López Fernández (Galicia). Expulsou a Juampa Barros (m.92) con vermella directa. A demais, amoestou a Dani Vidal, Álex Rey, David Añón e Mateo, polo Coruxo; e a Manu Ramírez, Álvaro Casas, Roque, Parapar e Pablo Antas, polo Compos.

INCIDENCIAS: Campo Municipal do Vao (Vigo). Xornada 30 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado cunha gran presenza de afeccionados do Compos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe temos de aniversario ao noso capitán, 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐂𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨Moitos parabéns, Crespo!!A celebralo mañá cunha vitoria e que veña acompañado de moitos éxitos 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🧐 Este sábado, de volta na nosa casa!💪🏟️ Preparados para darvos unha alegríaTodos xuntos! 🫂📸 Nacho Castaño#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 7🩵🤍 O adestrador compostelanista valorou o ánimo do equipo trala vitoria, comentou os xogadores que recupera e apuntou os aspectos fundamentais para darlle unha alegría á afección este sábado#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA SAÍDA CONFIRMADA⚽️ Xornada 8🆚 UD Llanera 🗓️ Sábado, 24/10🕔 17:00 horas🏟️ Pepe Quimarán#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Regresamos á nosa casa este sábado e queremos a vitoria 💪🩵🤍🤝 Partido patrocinado polo Mercado de Abastos de Santiago🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na web#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.