O Compos cae con dez no Vao

17 de Marzo de 2025
Manu Barreiro tivo unha gran ocasión para abrir o marcador.
Samu volveu a exercer de líder no centro do campo do Compos.
Ocaña foi expulsado no minuto 35.
Rabanillo, nunha acción do partido.
Once do Compos no Vao para medirse ao Coruxo.
  • A expulsión de Ocaña, tras un bo inicio do Compos, marcou o duelo no Vao

Vigo, 16 de marzo de 2025

A SD Compostela caeu no Vao nun derbi marcado pola expulsión de Ocaña na primeira metade. 2-0 final contra o Coruxo que impide aos nosos saír dos postos baixos da táboa.

No derbi do Vao, o Compos saltou ben ao terreo de xogo, gozando de dúas moi boas oportunidades na primeira media hora. Markitos atopouse cunha parada milagrosa de Alberto e a Manu Barreiro escapóuselle un disparo coa esquerda desde dentro da área.

Esa falta de acerto penalizouna o Coruxo co tanto de Willy, aos 25 minutos, despois dunha longa condución, abrindo vinte minutos fatídicos para os compostelanistas, xa que dez máis tarde chegaría a vermella directa a Ocaña e, na última acción do primeiro acto, os locais anotaban o segundo a balón parado.

Na segunda metade, cun menos, o Compos foi quen de levar o peso do partido, tendo máis preto recurtar distancias que encaixar outro gol. A máis clara tívoa Hugo Matos, tras unha gran xogada, pero atopouse, no seu disparo desde o punto de penalti, coas pernas dun defensa. O tanto non chegou, polo que os nosos non puideron tampouco igualar o goalaverage.

Trala derrota non queda outra que levantarse porque este mércores chega un novo derbi para tentar sacar a cabeza. Será contra o Fabril, ás 21.00 horas, no Vero Boquete, no duelo aprazado polo temporal.

FICHA TÉCNICA

2 – Coruxo FC: Alberto; Terranova (Brais Penela, min.86), Guido, Borja, Naveira; Andriu; Álex Pérez (Hugo Rodri, min.86), Borja Domínguez (Nacho Fariña, min.59), Willy Ibáñez, Álex Rey (Fer, min.59); e Añón (Serrano, min.69).

0 – SD Compostela: Rabanillo; David Soto, Álvaro Casas, Ocaña; Roque (Santi de Prado, min.46), Fausto Tienza (Selasi, min.77), Samu (Hugo Matos, min.46), Manu Rivas; Markitos (Carlos Pérez, min.56), Fer Cano, e Manu Barreiro (Iker Gil, min.56).

Goles: 1-0: Willy Ibáñez, min.25; 2-0: Borja, min.45+1.

Árbitro: Expulsou a Ocaña (min.35) con vermella directa. Ademais, amoestou a Borja Domínguez, polo Coruxo; e a Santi de Prado, polo Compos.

Incidencias: Campo do Vao (Vigo). Xornada 27 do Grupo 1 da Segunda RFEF disputado ante uns 500 espectadores. Gran presenza de afeccionados do Compos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Quico, un muro para a defensa do Compos🤝 O experimentado central lucense chega tras xogar as dúas últimas tempadas na Segunda RFEF𝐐𝐮𝐢𝐜𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/26/quico-fichaxe-muro-defensa-compos/#benvidoquico ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🎂 63 anos de historia 🩵🤍🔙🗓️ 26 de xuño de 1962Sempre Compos! 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Antón Guisande, velocidade e gol para o ataque branquiazul🤝 O extremo chega ao Compos co obxectivo de conseguir un novo ascenso𝐀𝐧𝐭𝐨𝐧 𝐆𝐮𝐢𝐬𝐚𝐧𝐝𝐞 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/25/anton-guisande-fichaxe-compos/#benvidoantónguisande ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 week ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Damián Noya, talento compostelán para a defensa da SD Compostela🤝 O lateral esquerdo regresa a Santiago co obxectivo de acadar o seu terceiro ascenso á Segunda RFEF𝐃𝐚𝐦𝐢𝐚𝐧 𝐍𝐨𝐲𝐚 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/23/damian-noya-fichaxe-compos-25-26/#benvidodamiánnoya ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Samu seguirá un ano máis de branquiazul©️ O mediocentro cumprirá a súa décima tempada no Compos co obxectivo de acadar o ascenso𝐒𝐚𝐦𝐮 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/19/samu-renovacion-capitan-compos/#samu2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.