A S.D. Compostela despide a tempada coa súa segunda vitoria consecutiva

16 de Maio de 2016

Arandina 1

A S.D. Compostela afrontou a última xornada da tempada ante a Arandina e, malia de que non se trataba dun partido trascendente a nivel clasificación para ningún dos dous conxuntos, o propio adestrador do Compostela, Fredi Álvarez, aseguraba na previa que aínda pelexarían por outros retos como o de intentar consumar a segunda vitoria consecutiva da tempada. O cadro compostelano logrou a fazaña cun gol de Bicho no último minuto que outorgou os tres puntos ao equipo santiagués.

O partido no Estadio de Montecillo comezou poñéndose de cara para a Esedé cando ao pouco de empezar, un gol en propia meta de Pablo pon por diante aos de Fredi nun intento de despexar un saque de falta lateral. Tralo gol, a primeira parte transcorreu sen demasiadas ocasións para ningún dos dous equipos. Jordan tivo a oportunidade de ampliar a diferenza no marcador cun potente disparo que logrou despexar cunha man Eladio, o porteiro da Arandina, para enviar o esférico ao longueiro.

Tralo paso por vestuarios o partido adoptou outro ritmo cando Óscar, o xuvenil convocado pola Arandina, lanzaba un disparo afastado que repelía Marqueta. Tamén os de Fredi sorprenderon á zaga local cun gol de Jordan no minuto 59 que o colexiado anulou por fóra de xogo. Pero os de Javier Bermúdez respondían cun centro envenenado de Ruba que finalmente estrelábase na cruceta.

Os locais, que quería despedir a tempada cunha vitoria ante a súa afección, ameazaban a portería defendida por Marqueta e o gol do empate chegaba no minuto 70 co remate de Fran Adeva tras un bo centro de Ruba.

A dez minutos para o final, todo parecía apuntar a que se asinarían táboas en Montecillo pero no minuto 89 Bicho lograba a vitoria para a S.D. Compostela tras quedarse nun man a man co porteiro do Arandina e definir cunha vaselina. O tanto do xogador cedido polo Deportivo da Coruña sentenciaba o encontro e selaba a segunda vitoria consecutiva para a Esedé en toda a tempada. Unha vitoria agridulce para a S.D. Compostela para despedir unha triste e amarga tempada.

FOTOGRAFÍA: Julio Calvo

FICHA TÉCNICA

ARANDINA C.F. (1): Eladio, Borja, Mauri, Pablo, Sergio, Óscar-(Anderson, min. 79), Javililllo-(Alfredo, min 70), Adri, Adeva, Ochoa-(Nico, min 57), Ruba

S.D. COMPOSTELA (2): Marqueta, Jesús Varela-(Josu, min 79), Jimmy, Javi Moreno-(Marcos Rodríguez, min 69), Javi, Sergio Sánchez, Jordan, Mon, Chiño, Bicho, Fondevila-(Goti, min 74).

GOLES: 1-0 (min 6, Pablo, propia meta), 1-1 (min 70, Fran Adeva), 1-2 (min 89, Bicho)

ÁRBITRO: Alonso Portillo, do Comité Territorial Andaluz, amonestou con cartón amarelo por parte dos locais a Fran Adeva (min 27). Por parte da S.D. Compostela amonestou con amarela na mesma xogada a Javi Moreno (min 27)

INCIDENCIAS: Partido de liga correspondente á xornada 38 do Campionato Nacional de Segunda División B no Estadio de Montecillo ante 1.300 persoas.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.