Resultados da fin de semana e previa

2 de Novembro de 2016

Santiago de Compostela, a 2 de Novembro de 2016.

As categorías inferiores da SD Compostela non tiveron a súa mellor fin de semana, despois de que tan só o Cadete fose capaz de sumar os tres puntos.

Despois da súa vitoria ante o Celta B, os xuvenís de Liga Nacional non puideron repetir a machada lograda o domingo anterior, e perderon ante o Pontevedra, terceiro clasificado, por 3-0.

Os de Vecho non puideron puntuar nun campo tan complexo como o da Xunqueira, polo que quedan décimo sextos na clasificación.

Este domingo, ás 12:15, recibirán a outro dos galos da categoría. O Porriño Industrial, segundo clasificado con 20 puntos, virá xogar ás Cancelas.

Pola súa banda, o xuvenil B rompeu a súa serie de bos resultados tras perder ante a SD Villestro por un gol a dous. O tanto local foi obra de Marcos Fernández.

Tras este resultado, quedan décimo cuartos con 9 puntos, empatados co rival deste sábado ás 17:00, o Casino SD Arzúa.

Como nota positiva da xornada está o triunfo do Cadete ante o Callobre CF por 2-0, tantos anotados por Borja Rey en propia porta e Alejandro Domínguez.

Con este triunfo ascenden ao undécimo posto, o cal buscarán mellorar con outra vitoria este domingo, ás 9:30, nas Cancelas, ante as EDX Oroso.

A diferenza dos cadetes, o Infantil A rompeu a súa serie triunfal este sábado ante o Bertamiráns. Un resultado, que a pesar de afastalo do líder da categoría, o Amio, non lle impide seguir segundo na táboa.

Buscando recurtar distancias, este domingo ás 12:00, en A Merced, xogarán contra o Santiago de Compostela.

Do mesmo xeito, o Infantil B tamén caeu derrotado ante o Bertamiráns CF, aínda que por 2 goles a 3. Os visitantes comezaron moi forte, colocándose cun 0-3 inicial, unha vantaxe que se foi diminuíndo, primeiro co gol de Yago Lois e despois co de Mauro Iglesias. Aínda así, o triunfo escapouse de As Cancelas.

O equipo infantil renderá visita á SD Villestro, este sábado ás 9:45. Partido que se celebrará no campo da Barrosa.

Outro conxunto que está moi ben colocado na clasificación, pese ao mal resultado desta fin de semana é o Alevín A, que perdeu por 2-1 ante a SD Villestro. O gol marcado polos branquiazuis en Santa Isabel foi obra de Alejandro Dopazo.

Cuartos na táboa, esta tarde, ás 19:00, xogarán en xornada adiantada contra o Atlético Fátima.

O Alevin B, que non tivo partido de Liga esta xornada, xogará o sábado, tamén ante o Atlético Fátima, ás 10:30 en As Cancelas.

Por último o Benxamín, que non xogou este sábado, logo de que se suspendese o partido contra o Vitoria CF, xogará o día 5 ás 12:30 nas Cancelas contra a AD Manuel Peleteiro.

 

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🧐 Preparados para mañá!💪🏟️ Concentrados e mentalizados para sumar de 3⃣ no Vao 📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.