Gonzalo García ‘Recoba’ xa é xogador da SD Compostela

12 de Novembro de 2016

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://www.youtube.com/watch?v=eMJ7JhJ_-LY” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O xogador uruguaio, pero criado en Compostela, firma despois de estar a adestrar desde principio de tempada, aínda que aínda non ten o transfer para xogar.

Santiago de Compostela, a 11 de Novembro de 2016.

Un salto de calidade. A SD Compostela logrou un gran impulso ao seu novo proxecto coa chegada do seu vixésima terceira incorporación. Gonzalo García ‘Recoba’, xogador de 33 anos que o ano pasado militaba no Heracles Almelo da Eridivisie, regresa a casa para recuperar ritmo de competición e aproveitar, no club no que se formou, a oportunidade de poder reengancharse ao primeiro nivel do fútbol profesional.

O mediapunta, aínda que pode actuar noutras posicións do medio e da fronte de ataque, como así o recoñeceu na súa presentación, estaba a adestrar desde o principio do curso co equipo santiagués. Unha lesión no tramo final da tempada impediulle viaxar a unha nova aventura en EEUU, polo que pediu ao Compos para comezar a adestrar con eles.

Así, desde principio de tempada, o futbolista que militou en seis equipos da Eredivisie, ademais de pasar tamén por Israel, onde gañou a liga co Maccabi Tel-Aviv, e Chipre, comezou a entrar paulatinamente na dinámica do grupo ata que, ante a falta de propostas interesantes, decide asinar pola SD Compostela.

Deste xeito, ‘Recoba’ cumpre un soño, o de regresar a xogar coa SD, aínda que matiza que “quizais antes do esperado”. Con todo, “vista a situación, tamén sabía que se tiña que xogar en Galicia ía ser neste equipo porque é a miña casa e considero a Santiago como o meu fogar”.

Esta razón faille estar “un pouco nervioso porque terei a toda a miña familia detrás cando xogue… Sinceramente, é raro porque aínda que estou afeito a xogar en campos con trinta, corenta ou cincuenta mil afeccionados e sentir coma se o fixese nunha praza, porén, aquí están os teus amigos e todos esperan moito… En fin, vai ser un día especial”.

Ese momento terá que agardar outra semana máis, xa que aínda que “me atopo ben, polo menos nos adestramentos”, o transfer aínda non chegou desde Holanda.

Como novo xogador, “non sei o tempo que estarei no Compostela, pero é certo que tanto a miña familia como eu estamos moi cómodos e moi contentos en Santiago. Seguro que canto máis tempo pase, máis preguiza me dará marchar a outro club e a outra cidade”.

Durante o tempo que siga no club, ‘Recoba’ espera achegar “a experiencia que necesita o equipo” e confía en “axudar aos rapaces á hora de tomar decisións no campo”.

Está encantado de formar parte dun equipo ao que considera con “calidade, con xente nova, ofensivo e con moi bo adestrador. Os seus partidos son moi divertidos, cun xogo atractivo”, estilo que casa moi ben coa nova fichaxe santiaguesa.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.