Recuperar o sorriso

12 de Novembro de 2016

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/K9afjC6bzpc” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 12 de Novembro de 2016.

Tras tres xornadas sen gañar, o Compos buscará este domingo ante o Órdenes SD recuperar o sorriso que producen os triunfos. A pesar de que a imaxe do equipo mellorou nas últimas semanas, por distintas razóns, o equipo só sumou un punto en Vilagarcía, polo que sumar de novo de tres é importante.

Por iso, Yago Iglesias en sala de prensa, recoñeceu que “a pesar de que non se conseguiu gañar, a imaxe mostrada da esperanzas de que se están facendo as cousas ben e de que a vitoria chegará pronto”. Este triunfo agarda que se logre esta fin de semana xa que “faría bo ou moi bo, o empate da semana pasada contra o Arousa, un rival que estará arriba todo o ano”.

Con esta mentalidade, o Compos enfrontarase ao Órdenes, pechacancelas da Terceira División con 5 puntos, que comezou moi mal o curso, pero que mellorou nas últimas semanas, nas que conseguiu a vitoria e os dous empates que sumaron ao seu marcador. Este é un dato que teñen moi en conta tanto xogadores como corpo técnico, e así o reflicte Yago: “Espero un equipo que para nada é o que a clasificación di. Está conformado con xente nova, con moitas ganas de darse a coñecer e realizou grandes partidos nas últimas xornadas, sorprendendo a equipos como o Alondras”.

Por tanto, a pesar do que poida dicir a clasificación, Yago non quere relaxacións, xa que “sabemos o que nos xogamos”. Para o técnico, é fundamental que “os tres puntos queden en San Lázaro”.

Para que isto sexa así, o obxectivo é “seguir na liña das últimas xornadas”. Ser un equipo que busca dominar co balón e que “en casa fai moitos goles”. Nel non estarán Samu, por lesión, a nova fichaxe Recoba, porque aínda non chegaron os papeis, e Tomás, por acumulación de cartóns.

Os once que saian ao campo tentarán agradecer á afección o agarimo mostrado no que vai de campionato. Yago ten claro que “que a xente de Santiago nos acompañe, que veña a animar a este grupo de xogadores sexa cal for o tempo, é moi importante”, polo que están “contentísimos con eles”. Que esa alegría se reproduza polos resultados logrados, é agora a meta.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📋⚽️ Carlos de Lerma1️⃣ Edu Sousa3️⃣ Miguel Prado4️⃣ Unai Peón6️⃣ Damián Noya🔟 Parapar1️⃣4️⃣ Jordan1️⃣6️⃣ Rafa de Vicente1️⃣8️⃣ Dani González1️⃣9️⃣ Buba2️⃣2️⃣ Uzal ©️2️⃣4️⃣ Turbi📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Hoxe, xogamos! 🩵🤍🆚 CDLalín 🕢 19:30 horas🏟️ Novo Campo do Doce🎟️ 5€🏆 VII Trofeo Vila de Padrón#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.