Os infantís suman nunha fin de semana de poucos encontros

13 de Decembro de 2016

Santiago de Compostela, a 13 de Decembro de 2016.

Nunha fin de semana en que tanto alevíns como benxamíns descansaron, o resto de categorías da base da SD Compostela non tiveron o seu mellor día, xa que tan só o Infantil A conseguiu gañar e o Infantil B empatar.

Do mesmo xeito que a semana anterior, o Xuvenil de Liga Nacional caeu por dous tantos a cero ante o Racing Club Villalbés. Unha visita complicada para os de Vecho ao campo da Roca que se liquidou con vitoria local por dous goles a cero, cos tantos de Cadenas e Alberte.

Con este resultado, o conxunto santiagués descende ao décimo quinto posto, xusto por encima do descenso, aínda que ten por diante tres equipos que están a tan só un. Por tanto, esta fin de semana ante o CD Choco, rival que está por baixo na clasificación, tentarán recuperar eses postos.

Pola súa banda, o Xuvenil B non puido manter a súa boa xeira e perdeu na casa por un gol a dous ante a UD Bastavales. O gol de Adrián López no minuto 80 foi insuficiente para sumar algún punto.

O sábado ás catro, na Tilleira, o rival será o Dubra SD, un duro contrincante que está segundo na clasificación con 36 puntos.

Tampouco puido sumar o Cadete na súa visita ao Novo Campo do Milladoiro, no que perdeu por dous goles a cero ante o equipo local. Décimos na clasificación xogarán este domingo ás 12:15 nas Cancelas contra o CD Boiro, undécimo cun punto menos que o Compos.

Na parte positiva, o Infantil A seguiu sumando de tres cunha gran vitoria, precisamente, no Novo Campo do Milladoiro. Os branquiazuis superaron ao equipo anfitrión por un gol a dous, cos goles de Mauro Iglesias e Carlos Permuy, remontando así o gol inicial de Miguel Gato.

Actualmente cuartos, enfrontaranse á UD Bastavales o sábado ás 11:15 en A Merced, Conxo.

Do mesmo xeito, o Infantil B sumou un punto, aínda que en casa, ante o SR Calo. O Compos púxose por diante co gol de Iván Vilaseco no 60, pero o cadro visitante conseguiu empatar no último minuto.

Esta fin de semana, na Cañoteira (Cacheiras), mediranse á SD Cacheiras o sábado ás 11.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🧐 Preparados para mañá!💪🏟️ Concentrados e mentalizados para sumar de 3⃣ no Vao 📸 Nacho Castaño#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.