Non hai quinto malo

11 de Febreiro de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/-CnamYyxEh4″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 11 de Febreiro de 2017.

A pola quinta. A Sociedade Deportiva Compostela pretende continuar coa súa serie triunfal desta segunda volta sumando un novo triunfo, o que sería o seu quinto consecutivo. Para iso, terán que superar a un CD As Pontes que, a pesar de estar en postos de descenso, xa lle puxo as cousas moi difíciles aos branquiazuis, tanto na Copa Federación como no partido de Liga.

No de Copa o resultado foi de empate a un gol e en Liga a vitoria foi local por 2-1, adiantáronse os visitantes co tanto de Ibu, pero grazas ás dianas de Santi Gegunde e Diego Rey, o equipo compostelán puido lograr os tres puntos.

Con todo, na previa, o adestrador do Compos, Yago Iglesias, quixo destacar que “espero un partido máis complicado que o da casa, xa que a esas alturas non se xogaban tanto os dous equipos”. A razón: “nós queremos seguir coa nosa dinámica positiva e eles escapar dos postos de descenso”.

Ademais, o As Pontes viña “con moi mala xeira”, pero a semana pasada “semella que espertou”. Os de Marcos Roca gañaron por 0-2 ao Dubra, a pesar de estar cun home menos desde o minuto 39.

Ese expulsado foi Edy, “unha baixa moi importante para eles, porque é un estandarte para o equipo”, apunta Yago. Pola súa banda, Diego Rey, refírese á baixa deste futbolista nuns termos similares aos do técnico, aínda que matiza que “ás veces, cando tes unha baixa deste tipo, o resto de xogadores dan un pouco máis cada un para poder suplila e pode ser complicado”.

En adición, para Yago, “é un histórico da competición e están a facer partidos moi competitivos, pero o fútbol ás veces non che dá o que mereces e por iso están onde están”. O técnico tamén resalta a dificultade de triunfar en O Poboado e que teñen xogadores como Rubén Pardo “que arriba sempre che poden facer estragos”.

Con todo, tamén valora que “estamos en boa dinámica e queremos seguir con ela”. Parte de culpa dese bo rendemento, ademais do mellor axuste dos xogadores, para Diego Rey, e sobre todo no seu caso,  está “na minipretemporada de Nadal”. Segundo o extremo, “logrei coller ese ton adecuado para poder realizar o meu xogo, xa que depende moito do meu físico”.

O xogador lucense está nun momento de forma espectacular, con cinco goles en catro partidos, pese “a ser sempre de dar pases”. Aínda así, Diego pensa que ten que mellorar e “ser máis ambicioso na faceta goleadora, porque me axuda á min e sobre todo ao equipo”.

Para iso, contar cun compañeiro como Recoba é un luxo, “porque nos fai mellores a todos”, e explica, “se tiro un desmarque vaimo a ver seguro e cunha precisión moito mellor que calquera outro”.

Mantendo esa “sintonía e equilibrio” das últimas semanas, tanto Yago como Diego, agardan que chegue a quinta consecutiva. O espello da primeira volta indica que hai que sumar de tres para mellorar o resultado.

CONVOCATORIA

2017 02 12 convocatoria

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.