Agradecementos Cea de Entroido

27 de Febreiro de 2017

DSC_0325

Santiago de Compostela, a 27 de Febreiro de 2017.

O venres pasado vivimos unha celebración diferente na Sociedade Deportiva Compostela, celebramos o entroido coa nosa primeira cea de entroido. Un acto no que tivemos o pracer de contar cun centenar de persoas que se achegaron, moitos deles disfrazados, a degustar un gran cocido nun ambiente de alegría e goce.

Todos os asistentes, ademais de cear, tamén participaron na repartición de varios premios e viviron en vivo o concerto dun gran Xosé Constenla. Foi todo un pack, no que todos o pasamos en grande.

Por iso, desde a directiva queren agradecer a todas as persoas que viñeron ao acto, así como a todos os que colaboraron para que fose posible un evento desta índole. Falamos de Kia, Kilarny, ReiZentolo, Interiorismo Modular, Queixeria Barral, Mahou, Hotel OCA Porta do Camiño, Otero Rodríguez Hermanos, Audiovisuais MCN, Disbecom e como non a Pepe Constenla e o seu grupo.

En palabras de Javier Puñal, director de márketing do club, “o Compos quere estar preto de todos vós e crecer con forza, ilusión e da man de toda a afección e cidade”. Por iso, e adiantándoo, “esperámosvos a próxima tempada neste evento tan emotivo e significativo”.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOUArosa SC 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.