Pleno de vitorias

1 de Marzo de 2017

Santiago de Compostela, a 1 de Marzo de 2017.

As categorías inferiores da SD Compostela viviron unha fin de semana perfecta, xa que os catro conxuntos que entraron en liza gañaron os seus respectivos encontros.

En primeiro lugar, o xuvenil B superou ao Noia por 0-2, na súa visita ao Municipal de San Lázaro, grazas aos goles de Daniel Abeijón e Marcos Andrade.

Cun novo triunfo, tras moitas xornadas, achéganse aos rivais que o preceden na clasificación, mentres que se afastan dos seus perseguidores, entre eles, o Puebla, rival este domingo ás 11h nas Cancelas.

Outro que levaba moito tempo sen gañar era o Cadete e, do mesmo xeito que os xuvenís, rompeu esa mala xeira. Fíxoo cunha espectacular remontada no campo do Villestro. A pesar de empezar perdendo, sacou os tres puntos cos tantos de Grigor Barbascumpa e de Marcos Andrade, por partida dobre.

Con este 1-3 afiánzanse no décimo lugar. Este sábado ás 20h en Villestro, tentarán superar ao Sporting Estrada, primeiro clasificado e que se mantén invicto na clasificación.

Pola súa banda, o Infantil A sacou os tres puntos na súa difícil visita ao Negreira, logo de gañar por dous goles a catro. Gerardo Lago abriu o marcador, Iago Fernández puxo o 1-2, Gerardo de novo ampliou a vantaxe no 45 e Carlos Permuy marcou o gol da tranquilidade.

Con este resultado seguen terceiros, buscando achegarse aos dous primeiros postos. Para iso, este sábado ás 9:30 xogarán un partido vital contra o Callobre, cuarto clasificado.

Por último, o Alevín A recuperou postos no playoff de ascenso tras gañar ao Noia por 0-1, co tanto de Iván Vilaseco. A próxima xornada será contra o Crocha, o sábado ás 11h nas Cancelas.

PRÓXIMA XORNADA

Ademais dos partidos xa citados, o xuvenil A enfrontarase ao Santa Mariña, o sábado ás 16h nas Cancelas. O Infantil B enfrontarase ao A Baña, de visitante, o venres ás 19:30. O Alevín B, pola súa banda, xogará contra o Fátima, o sábado ás 10:30 nas Cancelas. Por último, o Benxamín xogará en Villestro contra o Compañía de María, o sábado ás 15:30.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
💙 Queremos felicitar ao noso 🧙‍♂️ de Monterroso, 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐀𝐧𝐭𝐚𝐬, que esta semana foi pai dunha nena!!! 👶🫶 Parabéns, familia!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.