Segunda xornada de viaxe

4 de Marzo de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/VmVcUX5e8b0″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 3 de Marzo de 2017.

A Sociedade Deportiva Compostela xogará por segunda xornada consecutiva fóra de casa, neste caso contra un Bergantiños que está enrachado neste novo ano. Despois de perder contra o Villalbés, os de Yago Iglesias queren recuperar sensacións ante un duro rival, cuxa clasificación non está ao nivel do que se presupoñía a principio de tempada.

Na primeira volta, o partido terminou con vitoria do Compos por catro goles a dous, polo que, en palabras do técnico santiagués, “estarán co coitelo entre os dentes para vingarse”.

Para evitar que suceda isto último, o Compos viaxa con todo a terras carballesas. O plantel quere “cambiar o chip da semana pasada”. Segundo o técnico, “buscarán manter a boa imaxe mostrada ata o primeiro gol do outro día” e polo visto nos adestramentos desta semana, Yago cre “que faremos un gran partido en Carballo”.

En fronte, un Bergantiños que aínda non perdeu no que vai de ano (catro vitorias e catro empates). “É un equipo con moito potencial, dos que se presupoñía que ía estar entre os catro primeiros”, di Yago. Ademais, “teñen xente moi rápida arriba, moi eficaz, un mediocampo experimentado, con Granada, e no seu campo son moi fortes”.

En palabras similares, definiu Cardeñosa ao rival deste domingo. “Ten moi bos dianteiros e un gran equipo. O Bergantiños xunto co Alondras son equipos que lle dan valor a esta categoría, xa que teñen xogadores doutra categoría e non están arriba, aínda que se poden achegar”.

Nas Eiroas, o Compos volverá atopar cun campo de herba artificial, aínda que “gañamos en Alondras, empatamos contra o Choco, e este non ten que ser diferente”, comenta o adestrador.

Pode ser un punto de inflexión para estar ao final de tempada entre os catro primeiros. “Fainos ilusión gañar para mirar cara arriba. Non é unha final, pero si que quero que o equipo teña a sensación de gañar fóra de casa, porque é un efecto moi positivo para o que traballas entre semana”.

Tanto o adestrador como o central saben que o importante é estar na pelexa nas últimas xornadas. “Os seis últimos partidos son vitais, con enfrontamentos directos e aí si que se decide todo. Por iso, é importante chegar a ese punto cun nivel de confianza grande”.

Para Cardeñosa, aí estarán “o Depor, que ten un ritmo por encima dos demais, o Villalbés, con xogadores que confían moito no que fan, o Cerceda, que está aí todos vos anos, o Rápido, que tamén é un equipo moi practico, e nós e o Arousa, buscando entrar”.

Aínda así, para iso aínda queda moito. Como di Yago, “hai que ir semana a semana e o tempo dirá onde nos coloca”. Por iso, na segunda xornada consecutiva de viaxe, o Compos buscará recuperar a senda do triunfo.

CONVOCATORIA

2017 03 05 convocatoria

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOUArosa SC 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.