A efectividade do Bergantiños dalles a vitoria

5 de Marzo de 2017
Lucas atrapa o cabezazo do minuto 45. Foto: Amadeo Rey.
Lucas atrapa o cabezazo do minuto 45. Foto: Amadeo Rey.

 

Santiago de Compostela, a 5 de Marzo de 2017.

Por segunda xornada consecutiva, a Sociedade Deportiva Compostela volve a Santiago coas mans baleiras. Os xogadores composteláns cederon, esta vez, ante un Bergantiños que aproveitou as súas oportunidades na segunda metade e que triunfou por 3-1, cos tantos de Álex Pérez, Rodri e Iago Blanco. Pola súa banda, o autor da diana do Compos foi Mon.

Viaxaba o Compos a Carballo coa firme intención de regresar á senda do triunfo fóra de casa, ademais de mostrar unha imaxe similar á que tivo ata o primeiro gol en Villalba. Os de Yago Iglesias saíron entonados, pero non souberon aproveitar un campo rápido, debido á fina choiva caída nas Eiroas, para xerar ocasións de perigo.

Foron uns 45 minutos iniciais nos que ambos os conxuntos intercambiaron o seu dominio, pero ningún deles tivo unha oportunidade clara ata que no último instante do primeiro acto, un xogador local remataba de cabeza un córner de cabeza, pero un Lucas atento atrapábaa na liña.

Antes, o Compos tamén recibiu a mala nova da lesión de Tomás, que se dobrou o nocello nun lance. E como malas noticias nunca veñen soas, Cabrejo tamén se retiraba lesionado nada máis empezar a segunda metade.

Foron minutos de zozobra, con cambios nos dous conxuntos, ata que o recén entrado Álex Pérez inauguraba o marcador no 64. O mediocentro aproveitaba unha rápida contra dos locais, para adiantar aos seus. Un tanto que, a pesar de sentar como un xerro de auga fría para os santiagues, foi rapidamente respondido polos compostelanistas.

Aproveitando unha falta indirecta desde dentro da área, tras unha cesión, sacaba Recoba, pisaba Diego Rey e Mon, que entrara por Cabrejo, fusilaba a Cristofer, selando así o empate.

Con todo, cando mellor estaba o Compos chegou a eficacia local. Rodri, tras lanzar un balón rozando o traveseiro, anotou o terceiro gol do encontro tras un soberbio cabezazo a un centro lateral. E cinco máis tarde, o terceiro.

Iago Blanco, cun pouco de sorte, xa que o seu disparo rebota en Uña, anotaba o terceiro dos de Carballo. O tanto definitivo que mantén ao Bergantiños como o único conxunto invicto desta segunda volta, xa a só un punto dos nosos.

Mentres, o Compos perde por segunda semana consecutiva, polo que terá que gañar si ou si contra o Silva o vindeiro domingo se non quere desbancarse da loita polo playoff. De momento, quedan dez xornadas e tan só unha separación de sete puntos co cuarto.

FICHA TÉCNICA

3- Bergantiños FC: Cristofer; Borja Facal, Prieto, Iago López, Josito; Valle (Roberto Piñeiro, m.83), Tony, Álex Sánchez (Álex Pérez, m.59); Jorge Sáez, Iago Blanco e Nacho (Rodri, m.55).

1- SD Compostela: Lucas; Saro (Taboada, m.87), Cardeñosa, Uña, Cabrejo (Mon, m.47); Samu, Ube; Diego Rey, Recoba, Tomás (Santi Gegunde, m.33); e David Nogueira.

Goles: 1-0: Álex Pérez, min.64; 1-1: Mon, min.69; 2-1: Rodri, min.83; 3-1: Iago Branco, min.88.

Árbitro: López Fernández, colexio lucense. Amoestou a Prieto, Jorge Sáez e Rodri, polos locais, e a Mon, Taboada, Gegunde e Ube, polos visitantes.

Incidencias: Partido da vixésimo oitava xornada de liga de Terceira División disputado no campo das Eiroas ante 500 espectadores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOUArosa SC 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.