Tres días frenéticos no II Campus de Nadal

4 de Xaneiro de 2019

IMG uk7roa 1

  • Os 18 inscritos gozaron dos xogos programados e as visitas

Santiago de Compostela, a 4 de Xaneiro de 2019.

Esta mesma tarde clausurouse a segunda edición do Campus de Nadal que organiza a SD Compostela. Foron tres xornadas, con horario de mañá e tarde, nas que os dezaoito nenos e nenas inscritos puideron estrear o ano con diferentes actividades e xogos ao redor da práctica do fútbol. Ademais, durante as matinais, os pequenos gozaron das diferentes visitas de xogadores do primeiro equipo e o patrocinador principal, así como dos sorteos de premios.

O pavillón de Pontepedriña acolleu por segundo curso consecutivo o Campus de Nadal do Compos, un evento que se mantén no proxecto da base branquiazul. Dobrando o número de inscritos respecto á estrea, a celebración resultou unha experiencia moi positiva, tanto para os máis pequenos da casa como para os monitores e responsables do club.

En total, foron tres xornadas, con sesións de mañá e tarde, cargadas de diferentes xogos que tiñan como obxectivo o coñecemento de conceptos tácticos, pero tamén o lecer nestas xornadas festivas e a aprendizaxe dos valores que viran ao redor desta práctica deportiva.

Ademais, durante as diferentes mañás, diferentes personalidades visitaron aos mozos e mozas, participando en actividades con eles, entregándolles os diferentes premios dos sorteos realizados e contestando as súas preguntas. O primeiro día asistiu ao Campus o capitán do primeiro equipo, e imaxe do cartel anunciante, Álvaro Casas, o segundo tocoulle a quenda ao dianteiro canario Aythami Perera, mentres que a aposta dobrouse na última xornada coa visita de Brais Abelenda, dianteiro do primeiro equipo, e Segundo Rey, xerente do patrocinador principal da cita.

Precisamente, o club quere trasladar todo o seu agradecemento ás entidades que colaboraron para que esta segunda edición do Campus de Nadal fose unha realidade. Mención especial para Segundo Rey SL, patrocinador principal, pero sen esquecernos das colaboracións de Gadis, Aguas de Sousas, Errea, Kia, Halé Shop, Armesa, Lambonadas, Gráficas Alonso e o Concello de Santiago.

Por último, tamén queremos agradecer a confianza dos proxenitores dos diferentes nenos e nenas inscritos, convidando aos que non o fixeron para que aposten polos eventos programados polo club, e aos diferentes monitores que empregaron o seu tempo no goce dos máis pequenos.

Campus Brais 2

IMG-20190103-WA0076

Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.