Exercicios recordatorios e grupos reducidos na volta aos adestramentos

5 de Xuño de 2020
Adestramento Compos 2 1
Un adestramento desta tempada en San Lázaro II. Foto: Amadeo Rey.
  • Os nosos adestrarán de mañá luns, martes, xoves e venres en San Lázaro II

Santiago de Compostela, a 4 de Xuño de 2020.

A SD Compostela está de volta. En grupos de 12 e 13 xogadores, respectivamente, o Compos volverá aos adestramentos este próximo luns 8 de xuño pola mañá. Será a primeira toma de contacto co céspede do anexo a San Lázaro tras dous meses e medio de parón, debido ao confinamento provocado pola crise sanitaria da covid-19. Neste regreso a filas, aos branquiazuis espéralle unha semana caracterizada por exercicios recordatorios.

Unha vez superados os test, previstos para a matinal deste sábado, o luns ás 10.00 horas arrincará o novo camiño cara á Segunda División B para o grupo de vinte e cinco. Os compostelanistas arrincarán ese soño con catro sesións semanais, a do propio luns e as outras o martes, xoves e venres, descansando o mércores e a fin de semana.

Todas elas levaranse a cabo, en principio, en San Lázaro II, malia que podería ser que algún día utilicen o Verónica Boquete. Precisamente, ao Estadio xa se trasladou todo o material de desinfección necesario para garantir a seguridade de todos os membros do club, por xentileza de Limpezas Salgado, patrocinador oficial da entidade.

Do mesmo xeito, como medida preventiva, os dous grupos de adestramento espaciaranse no tempo para non coincidir no campo e, ademais, empregaranse dous vestiarios diferentes. Os primeiros xogadores comezarán a sesión ás 10.00 horas, mentres que os segundos farano sobre as 11.20 horas, deixando unha marxe de media hora entre uns e outros.

Os adestramentos, nesta primeira semana, terán unha duración de entre 45 e 50 minutos, cunha folla de ruta a seguir na que o preparador físico, Álex Otero, levará a voz cantante. Así, os branquiazuis comezarán con exercicios preventivos, forza compensatoria e mobilidades, pasando a continuación ao campo.

O obxectivo no verde, nestas primeiras datas, é que teñan “contacto con balón”, apunta o corpo técnico, “con exercicios moi simples e con tarefas que tamén realizabamos o resto da tempada”, todo iso, a “pouca intensidade”. Esas sensacións co esférico pretenden que sexan a característica que os diferencie.

Por último, para terminar, os nosos realizarán algún exercicio analítico de carreira, moi simple e curto, xa que durante estas últimas semanas xa estiveron a facer ese labor, pero tamén “servirá como recordatorio”.

En canto aos dous grupos formados, no G1 (10.00) estarán Álex Díaz, Pedro Leis, Queiruga, Jimmy, Sergio Pereira, Miki, Gabri Palmás, Josiño, Hugo Sanmartín, Manu Rivas, Diego López e Primo. Pola súa banda, o G2 (11.20, aprox.) compóñeno Pato, Iker Caballero, Saro, Yosi, Álvaro Casas, Soto, Samu, Baleato, Pablo Antas, Bicho, Brais Abelenda, Antón Olveira e Christian.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.