Jimmy, un talismán que vestirá dous anos máis a camiseta branquiazul

15 de Agosto de 2020
Renovación Jimmy 1
  • O lateral esquerdo regresa á Segunda B despois de lograr o seu cuarto ascenso co club

Santiago de Compostela, a 15 de Agosto de 2020.

A terceira etapa de Jimmy Seoane Mella na SD Compostela prolongarase durante dúas tempadas máis. O lateral esquerdo seguirá na súa casa dous anos máis, despois de servir de talismán para lograr un novo ascenso á Segunda División B, o terceiro na súa carreira no club (cuarto en total).

Coa súa continuidade, o Compos asegúrase a dun xogador con ampla experiencia na división de bronce do fútbol nacional, debido a que acumula nela 239 encontros e nove campañas. Por tanto, será a súa décima tempada no fútbol semiprofesional e a quinta co cadro branquiazul nesa mesma categoría (novena en total).

Ademais da súa carreira futbolística, o corpo técnico branquiazul tamén poderá contar cun xogador de enorme calidade, con capacidade para chegar ao ataque (e mesmo marcar goles), que coñece á entidade como o salón da súa casa e que axuda ao bo ambiente que hai no plantel branquiazul.

Con estas calidades, como non podía ser doutra maneira, o seu redebut como compostelanista foi todo un éxito. Compartindo vestiario, por primeira vez, co seu irmán Saro, foi un fixo nos esquemas de Yago Iglesias, disputando 23 encontros, todos como titular, e anotando tres goles, o último, o que abriu o marcador nas semifinais do playoff exprés contra o CD Barco.

Coa presenza de Jimmy, a SD Compostela 20/21 conta xa con dezasete xogadores para o seu regreso á Segunda División B: Pato, Borja Rey, Sergio Pereira, Álvaro Casas, Soto, Jimmy, Joel, Samu, Baleato, Pablo Antas, Bicho, Josiño, Hugo Sanmartín, Juampa, Miki, Gabri Palmás e Brais Abelenda.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 SD Eibar B 👉 Os nosos xa están de camiño para o País Vasco🆕 Estrea convocatoria Rafa de Vicente#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🏅 Moitos parabéns, Alejandra Neira, polo campionato do mundo junior de ciclismo!🌈 Orgullo de Compostela 👏 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 4🩵🤍 O adestrador do Compos analizou as virtudes do rival, apuntou as claves para poder sumar a vitoria en Eibar e tamén fixo unha reflexión sobre o aspecto mental dos futbolistas#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔜🎯 #eibarbcompos🗓️ 2 días🙌🧐 Co foco posto nunha nova vitoria📷 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.