Fabiano: “Vexo que os adestramentos son bos e son optimista para este domingo”

30 de Setembro de 2022
  • O Compos visita este domingo ao Zamora co obxectivo de recuperar sensacións e sumar os tres puntos

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2022

A SD Compostela viaxa este domingo a Zamora cun dobre obxectivo, recuperar sensacións tras o tropezo na casa e volver sumar os tres puntos na Liga. Os nosos enfrontaranse a un vello coñecido, Yago Iglesias, nun duelo que promete emocións fortes. Con confianza no traballo semanal, Fabiano espera un Compos mellor que o domingo pasado para conseguir o triunfo no Ruta de la Plata.

Estado do plantel. Máis que recuperar, igual perdo algún xogador, pero teño esperanza de que mañá, as dúbidas que teña por lesión, se recuperen e poida contar con eles para o banco. Temos problemas, pero non imos estar a chorar polos que non están. Faremos un equipo forte para competir contra o Zamora.

Allyson. A semana pasada estaba coxo aínda, esta semana adestrou dous días aceptables e haberá que esperar a mañá para ver que as dores non volven, e así poderá ser da partida ou ir convocado.

Cambio respecto á semana pasada. Estaba enfadado porque un rival con medio ataque gáñache, despois de ter varias ocasións claras, e perder a ninguén lle gusta. Máis que nada hai que tentar facer un once forte. Polas baixas, por necesidade ou por crenza miña, haberá cambios, pero estou contento, porque o equipo adestra ben e xoga ben, aínda que ás veces se desconecta do partido e levas gol, pero os rapaces son xogadores moi correctos e con calidade. Estou contento, vexo que os adestramentos son bos e son optimista.

O Zamora. Un rival difícil, como todos. Eles tamén esperarán un Compostela difícil. Será un rival que está formado para ascender, pero a competición está a iniciarse. O ano pasado xa vimos o exemplo do Pontevedra, como empezou e como acabou. O Zamora está a dar as últimas pinceladas para axustalas, é moi forte, sobre todo na súa casa, e haberá que facer un duro traballo para sacar os puntos de alí.

Partido en Carballo. Fixeron moitos cambios para o partido, polo que algúns xogadores tiveron poucos minutos. O importante somos nós, a nosa actitude, porque con balón somos moi bos e dá gusto vernos, polo que non podemos estar desconectados. Estivemos a tocar a tecla para estar máis atentos e vivos sen balón e estamos a asimilar eses toques, polo que estou contento, porque o plantel é moi bo. Son bos futbolistas, loxicamente, sen esas desconexións estarían en Primeira División, pero temos xente moi boa e se conseguimos inculcalos deste pequeno fallo que teñen algúns, podemos ser un equipo moi forte na categoría.

Yago Iglesias. Persoalmente, non o coñezo. En todo caso, creo que será un partido máis, con ambos con necesidade de puntos e temos que traballar para iso. Facendo as cousas ben, ás veces non é suficiente, pero é mellor que veñan con ganas para meterse no partido antes, para ver un partido aberto e que gañe quen sexa o mellor. É normal que estando aquí tantos anos nos queira gañar e o mesmo para os nosos xogadores, que enfrontarse a Yago sexa unha motivación extra. En todo caso, espero que a motivación sexa sempre, por vestir esta camiseta.

Un campo ideal para xogar. Estamos a tentar facer iso desde que cheguei. Nos partidos de fóra xogamos ben, controlamos e tivemos oportunidades e este non será diferente. Se o contrario non che deixa, é outra cousa, pero o Compostela sempre será valente nesta categoría. Imos co mesmo propósito de tentar atacar, ás veces consegues máis ataques porque o rival deféndese máis, e noutros o rival tamén che esixe a repregarte. Será un partido bonito, con dous equipos que propoñen xogo e a ver se somos quen de gañalo.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador!Moitos parabéns, Donnici!!A celebralo esta tarde cunha vitoria no derbi da Lomba 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.