Juan Carlos Rodríguez Gesto, elixido presidente da Sociedade Deportiva Compostela

30 de Setembro de 2022
Juan Carlos Gesto, Presidente SD Compostela
Juan Carlos Gesto, Presidente SD Compostela (2)
  • O avogado santiagués foi elixido de forma unánime
  • O novo presidente e a súa xunta directiva comparecerán a semana próxima antes os medios de comunicación

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2022

O avogado compostelán Juan Carlos Rodríguez Gesto é o novo presidente da Sociedade Deportiva Compostela co consenso da totalidade dos socios da entidade.

O novo presidente posúe unha longa traxectoria profesional e leva 6 anos ocupándose da área xurídica do club. Ademais, formou parte da xunta directiva durante os últimos anos, sendo o secretario xeral da mesma.

O apoio mostrado por todos os socios levou ao novo presidente a dar o paso e aceptar a presidencia neste momento, co horizonte temporal de dar estabilidade ao club, continuando o proxecto iniciado fai seis anos e fortalecelo a nivel económico, social e deportivo.

O presidente mostrou a súa intención de trasladarlle o seu proxecto ao conxunto dos abonados o próximo mes de outubro, así como darlle forma á parte económica do club, que garanta o cumprimento dos compromisos e obrigacións contraídas e a continuidade do mesmo.

En canto a área deportiva, o novo presidente móstrase tranquilo coa situación do equipo, e non ten dúbidas sobre o potencial do grupo de xogadores e corpo técnico, reafirmando a súa confianza absoluta no traballo do director deportivo.

Rodríguez Gesto quere seguir potenciando a canteira do club e afirma que para el é innegociable a clara aposta polo fútbol base, que debería ser, na súa opinión, o piar principal do futuro deportivo do Compos.

O novo presidente presentará a súa xunta directiva aos medios de comunicación a próxima semana, pero xa adianta que será unha directiva continuísta. O presidente espera que en próximas datas se poidan facer novas incorporacións.

Javier García continuará como vicepresidente primeiro e será o novo portavoz do club. Carlos Ferreiro seguirá á fronte da parte económica e será o vicepresidente segundo e tesoureiro do Compos. Ademais, Ángel Espadas pasará a ocupar a secretaría xeral do club que deixa vacante o novo presidente.

Ademais, haberá catro vocais. Competerá as áreas de organización e representación a Ramón Castro; económica-financeira a Javier Ferreiro; xurídica e regulamentaria a Ignacio Lorenzo; e incorpórase Lois Rosende, para a atención aos abonados e peñas.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.