‘O Rei’ está de volta: Fabiano será o adestrador da SD Compostela 22/23

1 de Xullo de 2022
  • O histórico xogador compostelanista regresa ao club da súa vida para dirixilo na Segunda RFEF
  • Será a terceira etapa como técnico do club, tras un periplo en Preferente e outro en Segunda B

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2022

‘O Rei’ Fabiano está de volta. Fabiano Pessoa Soares será o adestrador da SD Compostela na Tempada 2022/23. O histórico xogador compostelanista, o que posúe o récord de partidos xogados no club en Primeira División, regresa ao Compos dos seus amores para dirixilo na Segunda RFEF. O técnico brasileiro firma por unha tempada, despois dunha última experiencia no Vitória da Série C de Brasil.

Falar de Fabiano é facelo da historia do Compos. O extraordinario mediocentro de Río de Janeiro xogou nove tempadas na entidade, todas elas en Segunda e Primeira División, para un total de 357 partidos, nos que ademais marcou 46 goles. Chegou en 1992, ascendeu á máxima categoría e mantívose no equipo ata 2001, regresando, tras un periplo no Botafogo, na 02/03.

Tras a súa retirada como futbolista, deixando unha meritoria traxectoria no fútbol brasileiro e español, Fabiano pasouse aos bancos, iniciando a súa carreira nos campos galegos. Precisamente, sería o Compos o primeiro club sénior no que desenvolvería a súa faceta como adestrador, nunha breve etapa de tres meses en 2006, en Rexional Preferente.

Tras ese pequeno paso, e outra tempada no Bergantiños, Fabiano regresaría á SD Compostela en outubro de 2009, para dirixir ao equipo na Segunda División B. Nesa campaña dirixiría ao equipo vinte e nove encontros.

Desde aquela, Fabiano desenvolvería a súa etapa nos bancos no Estradense, o Estoril Praia de Portugal (seis tempadas), o Atlético Paranaense de Brasil, o Jeonnam Dragons de Corea (dúas campañas), o Barra FC de Brasil e a última no EC Vitória tamén de Brasil.

Con moita experiencia e 56 anos, ‘O Rei’ Fabiano está de volta para loitar co equipo polo ascenso a Primeira RFEF.

Benvido a casa, Fabiano!

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1
  • COMPOSTELA- 3 AVILES- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

4 days ago

SD Compostela
👏 @samurodriguez14, #JugadorCincoEstrellas da SD Compostela 23.24 🩵🤍🏆 O capitán, cos votos da afección en Twitter, foi elixido como o xogador máis destacado da tempada, logo de ser fundamental na segunda volta🤝 @futbolmahou 🍻 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Hoxe temos de aniversario ao noso míster 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Antón!🙌 Que veña un ano cheo de éxitos e que os desfrutemos xuntos! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Nova SEDE dos Campus Xacobeos! Prezo subvencionado para os empadroados en O Pino e Touro grazas ao noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael#CampusXacobeosOs 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐞𝐬 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐮𝐬, os do 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬 🩵🤍🙌🏻 Nova sede! Desta vez en 𝐓𝐨𝐮𝐫𝐨, do 8-19 de Xullo!🤝 Grazas a @cobresanrafael, os/as nenos/as empadroados en Touro e O Pino pagarán 30€ polas 2 semanas do #CampusXacobeos✍🏻 Inscríbete na ligazón da nosa bio! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario o noso capitán e candidato ao #JugadorCincoEstrellas, Samuel Rodriguez Noya 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Samu! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.